"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Escritor. De carácter pacifista, é autor de obras onde reflicte a súa experiencia na Primeira Guerra Mundial. Tamén publicou Siegfried’s Journey (1916-1920) e o poemario The Path to Peace (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Discípulo de J. Massenet e G. U. Fauré, foi director do Conservatorio de Lyon desde 1922 e presidente da Société Nationale de Musique (1938). Da súa produción destacan a cantata Semiramis, o ballet La tragédie de Salomé (1910) e a Symphonie concertante, para piano e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Formadora da Aula de Teatro Universitario de Ourense (1992), creou e coordinou a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) desde 1996 e coorganizou o Congreso Internacional de Teatro (2005) en Ourense. Membro de Sarabela Teatro, participou en diversas montaxes, como Farsas (1977), A esmorga (1996), O lapis do carpinteiro (2000) e Rolda de caricias (2004), e tamén en Leoncio e Helena (1993), co Centro Dramático Galego. Interveu nas series de televisión Pratos Combinados (1996, 2000 e 2001), A familia Pita (1996-1997), Terras de Miranda (2001, 2003 e 2004) e Los Serrano (2004). Recibiu o premio á mellor actriz secundaria (1995) por Cama (1994) e o Premio María Casares á mellor actriz protagonista (2002) por Sexismunda (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ptialismo.
-
PERSOEIRO
Paleontólogo. Describiu e nomeou os mamíferos fósiles de América do Sur. Estudou a evolución, a zooxeografía e a clasificación de mamíferos actuais e extinguidos, e os principios da clasificación biolóxica. Publicou Life of the Past (1953), Principles of Animal Taxonomy (1961) e Fossils and the History of Life (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sobrevalorar ou sobrevalorarse.
-
GALICIA
Aparellador e arqueólogo, fillo de Ramón Sobrino Buhigas. Como aparellador do concello de Santiago de Compostela, dirixiu a restauración da fachada e da escalinata de Praterías da catedral e de San Martiño Pinario. Foi profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios compostelá, comisario local de escavacións arqueolóxicas, secretario do Seminario Gallego de Historia Primitiva da universidade e colaborador do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Colaborou co seu pai no estudo e catalogación dos gravados rupestres. Foi correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada na Coruña en 1884 baixo a iniciativa e presidencia de Emilia Pardo Bazán. Tiña como finalidade recoller, estudar e conservar as tradicións e costumes galegos. En 1885 publicaron un tomo dedicado ao folclore galego na Biblioteca de Tradiciones Populares Españolas.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Instalado en Galicia entre 1976 e 1978, levou a cabo unha serie de documentais, como Gitanos sin romancero, onde trataba os problemas dunha comunidade xitana de Poio. A segunda obra foi Seminario de arquitectura en Compostela. En 1977 dirixiu Autopista, unha navallada á nosa terra e Antisalmo, esta última unha reflexión sobre a relación da Igrexa co poder político, e en 1978 Alcoholismo en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Coñecida como Lola Solla, empregou unha paleta de tonalidades quentes, moi adecuadas a unha temática que vira arredor do orgánico. Da súa produción destacan as series Osame e Peles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Dedicouse á docencia e escribiu diversos dramas teatrais, como Las manos de Dios (1956) e Los falsos demonios (1966) e estudos de crítica literaria, como Novelas de Unamuno (1948), Teatro latinoamericano del siglo XX (1961) e El teatro hispanoamericano contemporáneo. Antología (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Revelouse como actriz dramática e converteuse nun mito do cine na década de 1920. Dos seus filmes destacan The Humming Bird (1924), Queen Kelly (1928), Sadie Thompson (1928), Sunset Boulevard (1950) e Airport 1975 (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Bo divulgador do pensamento marxista, publicou traballos sobre o desenvolvemento do modo de produción capitalista e a transición ao socialismo. Das súas obras destaca The Theory of Capitalist Development (Principles of Marxian Political Economy) (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta húngaro. As súas obras Te meg a világ (Ti e o mundo, 1932), Különbéke (Paz por separado, 1936), Hare az ünnepért (A loita pola festa, 1938) e Régen és most (Antes e agora, 1943) manifestan un ton pesimista. Publicou a escolma Tücsökzene (Música dos grilos, 1947), unha autobiografía en verso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten os estames e os pétalos inseridos no tálamo.
-
FILOSOFOS
Filósofo escocés. Tentou concretar o absoluto de Bradley cunha sociedade espiritual constituída pola totalidade orgánica dos individuos interrelacionados. Destaca a súa monografía sobre Platón (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Fixo estudos sobre capilaridade, proxectís, perspectiva, oscilacións, logaritmos e fluídos, dos que destaca a fórmula para o desenvolvemento en serie de funcións mediante diferenzas finitas (teorema de Taylor).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Liz Taylor, destacou polo filme Little Women (1949). En 1960 foille concedido o Oscar á mellor actriz por Butterfield-8, e en 1966 por Who’s Afraid of Virginia Woolf? Da súa filmografía tamén destacan A Place in the Sun (1951), Cat on a Hot Tin Roof (1958), Cleopatra (1963), The Sandpiper (1964), Night Watch (1973), The Bluebird (1975), The Mirror Crack’d (1981), Between Friends (1986) e The Flinstones (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Efectuou as primeiras cronometraxes de traballos e estudou os sistemas de primas e as razóns da freada na produción, do que estableceu o fundamento da organización científica do traballo. Inventou os aceiros rápidos, que incrementaron a produtividade de máquinas-ferramentas.
VER O DETALLE DO TERMO