"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo alcanzado o 25 de outubro de 1977, e aprobado polo Parlamento o día 27 do mesmo mes, polos partidos políticos de España, salvo Alianza Popular, para consolidar a transición democrática e dar impulso á modernización económica do país. Reuníronse no palacio de La Moncloa o presidente, os membros do goberno e os representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de los Diputados. Despois do diagnóstico da situación económica do país, calificada como grave, decidiron establecer unha serie de medidas monetarias, financeiras e de emprego, que permitiron restablecer o equilibrio na economía española con actuacións a curto plazo, como a diminución da inflación, a redución do paro e a mellora da situación da balanza de pagamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento dominicano situado en Monforte de Lemos. Realizado en estilo renacentista con elementos barrocos, foi fundado en 1623 pola viúva do VII conde de Lemos. Destaca o seu patio que ocupa dous pisos, con pilastras que o abarcan en altura, dándolle monumentalidade. A igrexa ten unha soa nave presidida por unha capela maior, cuberta cunha cúpula renacentista. Destaca o artesoado formado por seis panos dispostos de xeito lonxitudinal e divididos en sete partes. O retablo da capela maior, de estilo plateresco, pretendía xustificar a presenza da orde dominicana no concello, fomentar a devoción pola Virxe María e o rezo do Rosario. No retablo da Virxe do Rosario atópase unha imaxe da Virxe co neno atribuída á escola de Valladolid do s XVII. Nas mesmas dependencias atópase o arquivo parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que ten as moléculas, en condicións normais, constituídas por un único átomo. Os gases nobres son monoatómicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos monomios.
-
-
Relativo ou pertencente aos monomiarios.
-
Molusco lamelibranquio do grupo dos monomiarios.
-
Grupo de moluscos bivalvos, lamelibranquios, que teñen un único músculo abdutor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polinomio en que só un coeficiente é distinto de cero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda ou deleción dun cromosoma.
-
-
Aplícase ao organismo que é diploide, real ou funcional, excepto por un cromosoma que ten de menos respecto ao seu homólogo.
-
Aplícase ao cromosoma dun organismo monosómico que non ten homólogo.
-
-
GALICIA
Poeta, xornalista e ensaísta. Doutorado en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid, coa dirección de Ortega y Gasset, e licenciado en Dereito na Universidad de Oviedo, foi catedrático de Filosofía en Cádiz. Intensificou a súa formación humanista durante dous anos na Sorbonne de París e posteriormente foi elixido director do Instituto de España, primeiro en Lisboa e logo en Roma. Formado no ambiente cultural da Residencia de Estudiantes e do Ateneo, e habitual doutros círculos intelectuais madrileños, estableceu contacto con diversos intelectuais, como Rafael Alberti, Cansinos Anssens, Gerardo Diego, Federico G. Lorca, Ramón Gómez de la Serna ou Miguel de Unamuno. Pertencente ao conxunto de escritores do novecentismo galego e incluído na Xeración do 22, influíu notablemente nos autores da Xeración Nós, sobre todo en Vicente Risco. Introduciu en Galicia correntes líricas modernistas e vangardistas, especialmente ultraístas, influído polo pensamento de Eugeni D Ors, e dotou á literatura...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cargo ou oficio de mordomo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de Teatro organizado pola Agrupación Cultural Xiria en Cangas do Morrazo desde 1984. Contou na súa dirección coa colaboración de Henrique Harguindey, Xosé Manuel Pazos, Casilda García e María Xosé Mariño. Desde o primeiro momento, os organizadores prestaron especial atención a espectáculos do exterior que dificilmente se podían ver en Galicia, e así pasaron pola Mostra compañías e intérpretes como Teatro de la Danza, Cambaleo, Trapu Zaharra, Teloncillo, A Barraca, Ángel Paulovski, Colombaioni ou Geroa, ademais de colectivos galegos. Tamén se organizaron debates, cursos e outras actividades como exposicións, conferencias e presentacións de revistas e libros, xunto coa organización en 1997, 1998 e 1999, das tres edicións dos Encontros de Reflexión do Teatro de Galicia e o Norte de Portugal (Teatragal).
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e novelista polaco. Dun marcado carácter satírico-grotesco, os seus espectáculos, de gran prestixio no seu país, vincúlanse ao teatro do absurdo. Da súa produción destacan Meczenstwo Piotra Oheya (O martirio de Piotr Ohey’, 1954), Slon (O elefante, 1957), Tango (1964) e Szczesliwe wydarzenie (Feliz acontecemento, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ananismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nanosomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisariado do Pobo para os Asuntos Internos, en que se integrou o GPU (1934). Foi dirixido por Genrikh Grigor’evič Jagoda, Nikolaj Ivanovič Ježov e finalmente por Lavrentij Pavlovič Berija. Foi o organismo a través do que se promoveron os procesos de Moscova. En 1943 o NKVD foi dividido e a seguridade do estado foi confiada ao KGB.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo estadounidense de investigación económica de carácter independente creado por iniciativa de Wesley Clair Mitchell en 1920. Contou coa participación de Wassily W. Leontief, Simon Kuznets e John R. Meyer.
-
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Foi prefecto das misións dominicanas en China (1664) e atacou as teorías rituais dos misioneiros xesuítas. Foi arcebispo de Santo Domingo (1682) e escribiu Tratados históricos, políticos, étnicos y religiosos (1676) e Controversias antiguas y modernas (1679).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión de tecido morto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ablación total ou parcial dun ril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación cirúrxica dunha fístula permanente no ril ou na pelve renal, que posibilita a saída dos ouriños ao exterior.