Mrozek, Slawomir

Mrozek, Slawomir

Dramaturgo e novelista polaco. Dun marcado carácter satírico-grotesco, os seus espectáculos, de gran prestixio no seu país, vincúlanse ao teatro do absurdo. Da súa produción destacan Meczenstwo Piotra Oheya (O martirio de Piotr Ohey’, 1954), Slon (O elefante, 1957), Tango (1964) e Szczesliwe wydarzenie (Feliz acontecemento, 1976).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Borzecin