"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo supremo de rectitude, xustiza e verdade que o budismo mahāyāna asigna a Buda dentro do esquema doutrinal dos “tres corpos do Señor” (trikāya).
-
PERSOEIRO
Semitista francés. Foi director da escola arqueolóxica francesa de Xerusalén (1905-1931). Completou, en 1930, o estudo do alemán Hans Bauer ao subliñar o carácter semítico da lingua ugarítica. Paralelamente, o francés Virolleaud completou o traballo de Dhorme. Deste modo descifráronse as trinta letras do alfabeto primitivo do ugarítico e un primeiro desciframento das inscricións pseudoxeroglíficas de Biblos. Realizou numerosos traballos sobre o Antigo Testamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade da ironía que consiste na desautorización de algo ou de alguén por medio dunha expresión sarcástica, mordaz e despectiva. Actúa a través dun enunciado cun significado contrario do habitual, que se indica cun sinal introducido no contexto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é perfectamente permeable á calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método fisioterápico que consiste en aplicar correntes eléctricas de alta frecuencia para producir calor nos tecidos do organismo.
-
-
Relativo ou pertencente á diatermia.
-
Que permite o paso da calor.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra caracterízase polo ton moralizante e polo coidadoso desenvolvemento da acción. Da súa produción destacan, El sobre en blanco (Premio Fastenrath, 1918), Un beneficio (1920), Pilar Guerra (1920) e El vuelo de la dicha (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. A súa obra caracterizouse polo uso da serialización de obxectos. Participou, entre outras exposicións colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989-1991), no VII premio de pintura L’Oreal en Madrid (1991), na Bienal de Balconadas en Betanzos (1992), no Certame de Pinturas Concello de Cambre (1992-1994-1997), na Bienal Pintor Laxeiro (Lalín, 1993-1994-1997), na Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira (1997) e no I Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela 2001). Realizou exposicións individuais en Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. Destaca da súa obra Fragmentos (1993-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Colonizador. Nomeárono xuíz de residencia e visitador de Nueva Granada en 1544. Axudou a Pedro de la Gasca a pacificar Perú e organizou unha expedición ás montañas de Espírito Santo (1549). Encargado da Audiencia de Santa Fe en 1550, foi destituído nese mesmo ano e volveu a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático español. Coñecido co pseudónimo de El Misántropo, escribiu traballos de ortografía e gramática. É autor de Primera Gramática española razonada (1884), Tratado elemental de gramática española razonada (1885) e Nomenclatura de la gramática española (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gas incoloro, non corrosivo e ininflamable, de punto de ebulición -29,8°C, que se obtén xunto co triclorofluormetano. Emprégase moito como refrixerante e como propelente de aerosois. Tamén se coñece co nome de Freon 12.
-
PERSOEIRO
Químico e catedrático da Universidade de Berlín e de Kiel. Xunto con K. Alder, levou a cabo a síntese diénica, coñecida como reacción de Diels-Alder, que permite a fabricación de diversos produtos como o alcanfor, a vitamina D, o caucho e outras substancias utilizables. Por este descubrimento recibiron o Premio Nobel de Química en 1950. Anteriormente, descubriu o subóxido de carbono (C3O2), investigou a estrutura dos esterois e foi o primeiro en empregar o selenio para a deshidroxenación de produtos naturais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos dinornitiformes.
-
Ave da orde dos dinornitiformes.
-
Orde de aves á que pertencen as moas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baños públicos construídos polo Emperador Diocleciano en Roma entre o ano 298 e o 306. Foi o conxunto termal de maiores dimensións construído na antiga Roma. Formábano un corpo central que tiña arredor del as diversas dependencias: calidarium, tepidarium, frigidarium, basilica e natatio. A igrexa de Santa Maria degli Angeli de Michelangelo empregou as paredes do calidarium na súa fachada e o tepidarium converteuse no seu adro. Da basilica consérvase a planta e as columnas de granito.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira literaria e teatral na súa cidade natal. Creador de sainetes, comedias e dramas de carácter costumista como Entre el hierro (1910), tamén explorou as posibilidades do drama grotesco, como medio para retratar a frustración e o patetismo dunha sociedade que sufría unha fonda transformación. Entre esas pezas, cunha dimensión crítica, hai que salientar Mateo (1923), Stefano (1928), Cremona (1933), ou El relojero (1934). A partir de 1934 abandonou a escrita dramática e iniciou unha carreira como tradutor e director de escena.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non está conforme ou contento con algo.
-
Que ten unha proporción, intensidade ou calidade que excede do que é normal.
-
-
-
Falta de harmonía.
-
Dobramento diferencial entre unha capa e outra con desprazamentos segundo o plano de estratificación. É o resultado da acción dunha mesma forza sobre rochas de características moi diferentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao óvulo fecundado por dous espermatozoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos froitos que presentan dúas sementes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor maligno de ovario formado por células xerminais indiferenciadas; tamén se pode encontrar no mediastino e noutros casos na glándula pineal.