diclorodifluormetano

diclorodifluormetano

( 2 di- + fluor + metano)

Nome científico: [CCl<sub> 2</sub> F<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Gas incoloro, non corrosivo e ininflamable, de punto de ebulición -29,8°C, que se obtén xunto co triclorofluormetano. Emprégase moito como refrixerante e como propelente de aerosois. Tamén se coñece co nome de Freon 12.