diclorobenceno
diclorobenceno
(< dicloro- + benceno)
s
m
[QUÍM]
Derivado do benceno, que contén dous átomos de cloro. Os seus tres isómeros son: o meta-diclorobenceno, líquido incoloro, soluble en alcohol e insoluble en auga que se emprega como insecticida; o orto-diclorobenceno, líquido incoloro, soluble en disolventes orgánicos e insoluble en auga que se emprega como disolvente, colorante e desengraxante; e o para-diclorobenceno, sólido cristalino, insoluble en auga e soluble en disolventes orgánicos que se emprega como insecticida e xermicida.