"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • ILLAS

    Illa do litoral occidental da parroquia de Noalla situada no concello de Sanxenxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da ribeira meridional da ría de Arousa situada no litoral da parroquia e concello do Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Kwara, Nixeria (475.800 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática de Álvaro Cunqueiro, escrita no ano 1958. O Hamlet de Álvaro Cunqueiro remite á traxedia da vinganza (revenge tragedy) de W. Shakespeare, pero incorpora ingredientes edípicos e elementos típicos do teatro do s XX. Dunha textura erudita e mítica, profundamente lírica, a peza presenta como novidade no asunto hamletiano o descubrimento da verdadeira paternidade de Hamlet, verificada a través da técnica do teatro dentro do teatro, técnica que xa estaba presente na peza de Shakespeare. Pesimista, tráxica e existencialista, a obra acaba sendo unha grave e reiterativa interrogación sobre a existencia humana, e dentro dese universo, sobre o sentido e a esencia do amor. O 31 de agosto de 1959 foi estreada baixo a dirección de Antón Naveyra, polo grupo Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña. En 1991 o Centro Dramático Galego, coa dirección de Ricard Salvat, promoveu a primeira representación profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desobedecer ou non cumprir unha lei, unha norma ou un acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista danés. As súas novelas inspiráronse en W. Scott, mentres que na poesía creou unha das obras máis importantes do romanticismo danés co poema épico Holger Danske (Holger o danés, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instituto con sede en Vigo e dependente do CSIC creado en 1951. Desde a súa fundación ata 1978 actuou como laboratorio pertencente ao Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona. Neste ano independizouse e adoptou o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo; a denominación actual recíbea en 1986. Os seus traballos de investigación céntranse fundamentalmente no campo da oceanografía das rías e das plataformas galegas, bioloxía e semicultivo de bivalvos (mexillón, berberecho, etc), bioloxía e pesca dos peixes peláxicos (sardiña, xurelo, etc), conservación de produtos mariños ou o impacto ambiental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade pública do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, responsable dos problemas sociais do sector marítimo pesqueiro e da xestión do réxime especial da seguridade social dos traballadores do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intervalo de tempo entre dúas accións ou momentos.

    2. Mentres tanto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de interino.

    2. Cargo en calidade de interino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está desempeñando unha función provisional.

    2. Que ou quen está ocupando un cargo mentres o titular está ausente ou está sen nomear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao interior do útero ou ao que está situado no interior do útero.

    2. Intervención cirúrxica practicada ao feto durante o período de xestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar ou entrelazar algo de forma desordenada, especialmente cousas de estrutura lineal e flexible.

    2. olver algo máis complexo ou confuso.

    3. Mesturarse ou entrelazarse algo de forma desordenada, especialmente cousas de estrutura lineal e flexible.

    4. olverse algo máis complexo ou confuso.

    5. Sentirse unha persoa confundida e perder o fío do que pretendía expresar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á natureza esencial, á constitución íntima dunha cousa.

    2. Aplícase ao semicondutor puro e con propiedades eléctricas que se corresponden coas dun cristal ideal.

    3. Aplícase ao teorema, á propiedade, ou á ecuación que non depende do sistema de coordenadas escollido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Dedicouse inicialmente á pintura. No ámbito fotográfico foi a pioneira na realización de retratos eróticos onde mestura elementos violentos. Expuxo por vez primeira na Galería Nikon de París (1974) e publicou os seus traballos en Femmes sans Tain, Nocturnes e Temple aux miroirs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ de Sverdlovsk, Rusia, situada na vertente oriental dos Urais, na marxe esquerda do río Iset’ (1.275.000 h [2000]). É un importante núcleo industrial, onde as principais actividades son a elaboración de maquinaria pesada e a siderurxia. Fundada en 1721, foi escenario da execución do último tsar e da súa familia (1918). Entre 1924 a 1991 recibiu o nome de Sverdlovsk, en memoria dun revolucionario bolxevique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Pertenceu probablemente á pequena nobreza galega. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII e inicios do XIV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amigo, que van precedidas por unha rúbrica atributiva que o define como “sobriño de Nun’Eanes”. Ambas as dúas composicións, estruturadas segundo o esquema da rima tradicional abbaCC en octosílabos e decasílabos masculinos, están presididas polo motivo da ausencia do amado, matizado cunha sutil ironía que as afasta dos moldes convencionais propios das cantigas tradicionais de amigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    FÍS Lei establecida por James Jurin (1684-1750), que dá, nun tubo capilar, o ascenso ou descenso h dun líquido en función da tensión superficial T, da densidade ρ do líquido e do radio r do tubo capilar:

    FORMULA

    φ é o ángulo, no punto de contacto, entre a superficie do líquido e a parte do tubo, e g, a aceleración da gravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica danesa. Obtivo o premio de interpretación no Festival de Berlín de 1961 por Une femme est une femme. Outros filmes seus son Le petit soldat (1961), Pierrot, le fou (1965), Chaussette surprise (1978), L’Ami de Vincent (1983) e L’oeuvre au noir (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e poeta. Da súa obra cómpre salientar Így írtok ti (Aquí escribistes vosoutros, 1912), a colección de contos Krisztus és Barabbás (Cristo e Barrabás, 1918), as novelas fantásticas Utazás Faremidóba (Viaxe a Faremido, 1916) e Capillária (1921); a crónica Utazás a koponyám körül (Viaxe ao redor do meu cranio, 1937); e os poemas recollidos en Üzenet a palackban (Mensaxe na botella, 1938).

    VER O DETALLE DO TERMO