Instituto de Investigacións Mariñas

Instituto de Investigacións Mariñas

Instituto con sede en Vigo e dependente do CSIC creado en 1951. Desde a súa fundación ata 1978 actuou como laboratorio pertencente ao Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona. Neste ano independizouse e adoptou o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo; a denominación actual recíbea en 1986. Os seus traballos de investigación céntranse fundamentalmente no campo da oceanografía das rías e das plataformas galegas, bioloxía e semicultivo de bivalvos (mexillón, berberecho, etc), bioloxía e pesca dos peixes peláxicos (sardiña, xurelo, etc), conservación de produtos mariños ou o impacto ambiental.