Instituto Español de Oceanografía
Organismo autónomo do Estado fundado en 1914 polo profesor Odón de Buen. O seu ámbito de estudio, recollido no Real Decreto, céntrase nas condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares que bañan o litoral galego coas súas aplicacións aos problemas pesqueiros. Administrativamente dependeu do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes (1914), Fomento (1928), Mariña (1932), Comercio (1963), Transportes e Comunicacións (1977), Agricultura, Pesca e Alimentación (1980); desde o ano 2000 pertence ao Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Conta con varias dependencias situadas en Madrid (a central), Vigo, A Coruña, Gijón, Santander, Canarias, Málaga, Murcia e Illes Balears. O centro de Vigo creouse en 1936 e dedícase principalmente a temas de biotecnoloxía pesqueira e contaminación mariña; e o centro da Coruña foi creado en 1968 e traballa fundamentalmente nos cultivos e explotacións de moluscos, dinámica de poboacións de peixes, sobre todo túnidos, ecoloxía do plancto e comunidades bentónicas.