Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais
Nome científico: [IGAEM]

Organismo creado en 1989 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia coa finalidade de potenciar manifestacións escénicas como o teatro, a danza e a música. Na súa estrutura organizativa conta cun Consello Rector no que están representadas as forzas políticas do Parlamento de Galicia e outras persoas de libre designación, amais dun xerente e un presidente. As súas actividades están moi diversificadas. Conta con estruturas permanentes, como o Centro Dramático Galego, o Ballet Galego Rei de Viana, o Centro de Documentación Teatral e a Escola de Altos Estudios Musicais. Organiza o Premio Álvaro Cunqueiro de textos dramáticos, patrocina a edición de varias coleccións de teatro, subvenciona a produción e distribución de espectáculos de teatro, música e danza e promove e coordina a Rede Galega de Teatros e Auditorios.