"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou conxuntamente co seu irmán Boris Natanovi č Strugackij (Leningrado 15.4.1933). Autores de literatura de ciencia fición, destaca Piknik na obočine (Picnic á beira do camiño, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Participou na Revolución Rusa, e foi coautor do Primeiro Plano Quinquenal soviético. Experto en planificación, participou na discusión sobre os criterios de selección de investimentos, rexeitando aqueles que incorporasen magnitudes típicas dunha economía de mercado e formulando criterios alternativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo ruso. Coñecido como Nikolaj Pogodin, describiu o traballo socialista e creou o tipo da nova sociedade. Destacan Poema o topore (Poema da machada, 1930), Posl’e bala (Despois do baile, 1932) e Aristokratakh (Os aristócratas, 1934), onde fala da reeducación de criminais mediante o traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi redactor de El Ideal Gallego e Faro de Vigo, subdirector de La Voz de Asturias e colaborador de La Voz de Galicia. En 1967 incorporouse a RTVE. Destacan as obras Comer en Galicia (1981), Cocina y vinos de Galicia (1982), Galicia: las mil y una fiestas (1983), Galicia: romería interminable (1983), en colaboración con A. Nieto, e El libro del marisco (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, director e actor cinematográfico ruso. O guión Živet takoj paren (Así vive un mozo) e o filme correspondente gañaron o Leone d’oro do festival de Venecia de 1964. Nas súas narracións, cheas de sentido cómico e tráxico, amosou un interese especial polos seres que cambian de ambiente social. En 1976 foille concedido postumamente o Premio Lenin para directores de cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Afiliado ao PCUS (1921), defendeu a liña stalinista contra os partidarios de Trockij. Foi membro do comité central (1941), do Kominform (1948), do Presídium (1950) e do Politburó (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en diversas ocasións contra os turcos e contra Polonia. Durante a segunda coalición contra Napoleón, entrou en Milán, venceu a Macdonald en Trebbia e Jouvert en Novi Ligure, pero finalmente tivo que repregarse a Austria, desde onde volveu para Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político xeorxiano, conde de Loris-Melikov. Nomeado xefe da comisión executiva creada por Alexandre II de Rusia en 1880, iniciou un proxecto de reformas liberalizadoras para frear o terrorismo revolucionario, pero o seu intento foi frustrado polo asasinato do tsar en 1881, e dimitiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Investigou a teoría cuántica, as reaccións termonucleares, as descargas eléctricas no plasma (con Sakharov), o momento magnético do neutrón e interpretou a radiación de Cerenkov (descuberta en 1934) xunto con I. Frank. Das súas obras destacan Relativistic Interaction of Elementary Particles (1935) e On the Magnetic Moment of the Neutron (1938). Recibiu o Permio Stalin (1946) e o Premio Nobel de Física (1958), que compartiu con P. Cerenkov e I. Frank.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador ucraíno. Profesor na Universidade de Petrogrado desde 1918, escribiu numerosas obras, entre outras, A clase obreira na Revolución Francesa (1909-1911) e Europa na época do imperialismo, 1871-1919 (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. O Tsar Alexandre I enviouno a España, entre 1812 e 1820, onde promoveu a adhesión de España a Santa Alianza, en 1817.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor ucraíno. En 1913, despois dunha visita ao taller de Picasso, fixo os primeiros relevos polimatéricos de concepción abstracta, orixe do construtivismo. Na Revolución de 1917 foi máis intransixente na proclama da nova arte revolucionaria en sentido arquitectónico-industrial (produtivismo) e xuntouse con Rodženko (1916), os irmáns Pevsner e Lisitzkij (1920). Entre 1919 e 1920 proxectou e presentou o Monumento á Terceira Internacional. Desde 1933 dedicouse preferentemente á escenografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ucraíno. Primeiro vicepresidente do consello de ministros da URSS (1976-80) e membro do Politburó (1979-85), en 1980 sucedeu a A. N. Kosygin como xefe do goberno e colaborador de Brežnev. En 1985, unha vez instalado no poder M. Gorbačov, dimitiu por razóns de saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cantor romántico da revolución, as súas baladas Orda (1920-1921) e Braga (Néctar, 1921-1922) tiveron unha gran popularidade. A novela Vojna (A guerra, 1931) representa unha aposta máis decidida polo realismo socialista. Combinou a poesía coa prosa e foi un autor moi premiado, con obras como Kirov s nami (Kirov connosco, 1941, Premio Stalin 1942), Gruzinskaja vespa (Primavera xeorxiana, 1948, Premio Stalin 1949) e Šest’kolon (Seis columnas, 1969, Premio Lenin 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Mariscal e comisario de defensa en 1940, foi derrotado polos alemáns en Minsk e en Biatystock (1941) e dirixiu sen éxito unha ofensiva en Kharkov en 1942. Desde 1945 ata 1947 foi conselleiro militar dos comunistas chineses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo e astrónomo. Entre 1783 e 1788 realizou o levantamento cartográfico das costas españolas. Realizou o “Plano de la ría de Pontevedra con las islas Ons y Onza” (1787), “Plano de la ría de Vigo” (1787), “Plano de las rías de Ferrol, Coruña y Betanzos” (1787), todos eles incluídos no Atlas marino de España, islas Azores y adyacentes (1765-1788); e a Carta esférica de la costa de Galicia (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso. Antigo oficial tsarista, colaborou na organización do Exército Vermello. Durante a Segunda Guerra Mundial tomou parte na Batalla de Stalingrado (1942) e liberou Stalino (1943). Á fronte do exército do sur, liberou Romanía, Bulgaria e Iugoslavia e avanzou en territorio austríaco ata atoparse co exército estadounidense. Foi nomeado xefe das tropas rusas de ocupación de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. De familia nobre, a súa primeira novela foi Detstvo (A infancia, 1852), á que seguiron Otročestvo (A adolescencia, 1854) e Junost’ (A primeira xuventude, 1857). Analizou e denunciou a realidade da guerra en Sevastopol’skije rasskazy’ (Relatos de Sebastopol, 1855-1856), influenciado pola súa experiencia no Cáucaso e a Guerra de Crimea. A primeira viaxe a Europa (1857) levouno a formular graves problemas morais e filosóficos e a atacar a inxustiza social. Durante a década de 1870, moitos críticos e escritores menosprezaron a perfección formal e as investigacións literarias, e Tolstoj, que non se mostraba de acordo con esta postura extrema, tamén participou na literatura desde un punto de vista moralista. Esta época representa o momento culminante da súa arte. De novo en Jasnaja Pol’ana, dedicouse á educación dos nenos e dos campesiños, fundou unha escola na súa propiedade e outras ao redor do distrito, editou a revista Jasnaja...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En Roma estudou a técnica de restaurar edificios antigos e publicou dous libros. Protexido polo Tsar Nicolao I, recibiu o encargo de construír, en Moscova, o palacio do Kremlin (1838-1849) e a catedral do Salvador (1837-1883).

    VER O DETALLE DO TERMO