"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Xiz de cor vermella empregado no debuxo preparatorio dun fresco, que permanece adherido á parede unha vez rematado. As primeiras foron atopadas baixo os frescos dos pintores florentinos do s XV, que usaban para os debuxos preparatorios ocres que viñan de Sinop (Turquía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cor verde que se representa con liñas diagonais que van do cantón destro do xefe ao sinistro da punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exposición sintética e esquemática das liñas esenciais dun tema ou asunto para que os datos poidan ser facilmente atopados ou confrontados.

    2. Asociación de fenómenos visuais con sensacións percibidas por outros sentidos.

    3. Publicación do texto dos Evanxeos (os Sinópticos) en columnas paralelas para facer resaltar as súas semellanzas ou paralelismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sinopteridáceas.

    2. Fento da familia das sinopteridáceas.

    3. Familia de fentos, da división dos pteridófitos, á que pertencen os xéneros Cheilanthes e Notholaena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sinopse.

    2. Que está exposto ou presentado con forma ou características de sinopse.

    3. Cuestión presentada pola moderna crítica histórica (G. E. Lessing presentou por primeira vez en 1778 a hipótese dun Evanxeo primitivo) para dar unha explicación ás coincidencias e diverxencias entre os Sinópticos. Recibiu respostas diversas, ben procurando o primeiro Evanxeo nunha forma arcaica de Mateo (posiblemente en arameo), facendo de Marcos a fonte principal de Mateo e Lucas, ou ben buscando os contactos literarios destes tres Evanxeos nas mesmas fontes ou nos documentos que precederon a súa redacción final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son designados os Evanxeos de Mateo, Marcos e Lucas, que ao estar postos en columnas paralelas presentan un notable paralelismo, que permite unha visión conxunta das súas mutuas concordancias. Coinciden na presentación xeral da vida de Xesús e na orde interna de diversas seccións, e difiren en varios fragmentos que só se atopan en dous ou nun só deles. Estas concordancias e discordancias constituíron a base da cuestión sinóptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldadura de ósos entre si, especialmente dos do cranio.

    2. Unión dos tres ósos da base do cranio, que na infancia pode producir idiocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión cirúrxica dunha membrana sinovial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido viscoso e lubricante, composto por mucina e sales minerais, que segregan as membranas sinoviais das cavidades articulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á sinovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se forma a partir dunha membrana sinovial, vaíña tendinosa, bolsa ou fascia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación das membranas sinoviais, especialmente das tendinosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atresia de orixe cicatricial do orificio bucal, con perda de substancia dos labios e das meixelas, e adherencias destas á beira alveolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licuefacción do corpo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • gamopétalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Brabante, Bélxica, situada ao O de Bruxelas (72.380 h [2001]). Ten industrias mecánicas, químicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Flandres Oriental, Bélxica (68.364 h [2001]). Ten industria téxtil, da madeira e do tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á sintaxe.

      2. figura sintáctica/de construción

        Figura retórica que afecta aos modos de construción gramatical que se afastan do considerado regular ou normal, e que poden ter tamén repercusión no sentido dos enunciados, como o asíndeto, a elipse, o ceugma, o hipérbato ou o pleonasmo.

    1. Aplícase á afasia que se debe a un trastorno da estruturación gramatical.

    VER O DETALLE DO TERMO