sinóptico -ca

sinóptico -ca

(< lat synoptĭcu < grσυνοπτικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á sinopse.

  2. adx

    Que está exposto ou presentado con forma ou características de sinopse.

  3. cuestión sinóptica [HIST]

    Cuestión presentada pola moderna crítica histórica (G. E. Lessing presentou por primeira vez en 1778 a hipótese dun Evanxeo primitivo) para dar unha explicación ás coincidencias e diverxencias entre os Sinópticos. Recibiu respostas diversas, ben procurando o primeiro Evanxeo nunha forma arcaica de Mateo (posiblemente en arameo), facendo de Marcos a fonte principal de Mateo e Lucas, ou ben buscando os contactos literarios destes tres Evanxeos nas mesmas fontes ou nos documentos que precederon a súa redacción final.

Palabras veciñas

sinople | sinopse | sinopteridáceo -a | sinóptico -ca | Sinópticos | sinostose | sinovectomía