sinóptico -ca
sinóptico -ca
(< lat synoptĭcu < grσυνοπτικός)
-
adx
Relativo ou pertencente á sinopse.
-
adx
Que está exposto ou presentado con forma ou características de sinopse.
-
cuestión sinóptica
[HIST]
Cuestión presentada pola moderna crítica histórica (G. E. Lessing presentou por primeira vez en 1778 a hipótese dun Evanxeo primitivo) para dar unha explicación ás coincidencias e diverxencias entre os Sinópticos. Recibiu respostas diversas, ben procurando o primeiro Evanxeo nunha forma arcaica de Mateo (posiblemente en arameo), facendo de Marcos a fonte principal de Mateo e Lucas, ou ben buscando os contactos literarios destes tres Evanxeos nas mesmas fontes ou nos documentos que precederon a súa redacción final.