Sinópticos
Sinópticos
Nome co que son designados os Evanxeos de Mateo, Marcos e Lucas, que ao estar postos en columnas paralelas presentan un notable paralelismo, que permite unha visión conxunta das súas mutuas concordancias. Coinciden na presentación xeral da vida de Xesús e na orde interna de diversas seccións, e difiren en varios fragmentos que só se atopan en dous ou nun só deles. Estas concordancias e discordancias constituíron a base da cuestión sinóptica.