"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • MACIZO

    Macizo herciniano de Alemaña, paralelo ao Werra (afluente do Wesser). Constitúe un horst longo e estreito, formado por xistos primarios e arrasado por unha superficie de erosión terciaria, e que ten o punto máis alto no Grosser Beer (982 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estadio do Permiano, mantido especialmente polos autores franceses, por riba do Saxoniano e por debaixo do Triásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Turinxia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Turinxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cuestións relativas aos ovnis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor nas enxivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos cristais que teñen un só eixe óptico. Pertencen aos sistemas tetragonal, hexagonal ou romboédric, e a súa superficie óptica indicadora é un elipsoide de revolución. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que agrupa asociacións de investigación e estudos bromatolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado que describe o universo ou o ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise do veo do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor no uréter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor na uretra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia da uretra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda o sistema excretor ou urinario e, no home, o aparello xenital (estudado na muller pola xinecoloxía), así como a súa fisioloxía e patoloxía. Xurdiu como especialidade autónoma na segunda metade do s XIX. Considérase a Félix Guyon (1831-1920) o seu creador, autor dunhas importantes Leçons cliniques. O seu discípulo Joaquín Albarrán (1860-1912) fixo contribucións decisivas á anatomía patolóxica e á fisiopatoloxía do ril e da vexiga, e o tratamento cirúrxico das súas afeccións (Médicine opératoire des voies urinaires, 1909). Cómpre salientar a introdución das probas de funcionalismo renal, practicadas especialmente por Koranyi, Duckworth ou Schlayer, a finais do s XIX e comezos do s XX, e sobre todo a continuación dos traballos, xa clásicos, sobre a patoloxía interna do ril, de Richard Bright e os seus discípulos. O primeiro transplante de ril realizouse en 1936 cun éxito relativo, que foi confirmado posteriormente grazas ás intervencións de Lawler,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao uropixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Converteuse ao cristianismo lendo as epístolas de san Paulo e, disfrazada de home, entrou nun mosteiro onde chegou a ser abade. Dedicouse a facer vida de santidade e sacrificio. Torturárona e degolárona en Roma. Iconograficamente representouse vestida con longa túnica e manto ou cun hábito de monxe. Como atributo persoal leva unha espada. A súa festividade celébrase o 12 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz consorte de Francia, muller de Napoleón III e filla dos condes de Montijo. Coñecida como Uxía de Montijo, foi condesa de Mora e Baños e grande de España. Seguidora do partido ultramontano e oposta á política italiana do emperador, durante as súas ausencias fíxose cargo da rexencia. Incitou a Napoleón III a declarar a guerra a Prusia. Coa caída do Segundo Imperio, despois da Batalla de Sedan (1870), tivo que exiliarse en Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uxía de Guzmán-Portocarrero y Kirpatrick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe grega. A forma masculina deriva de Eughenios, de eu ‘ben, bo’ e genos ‘nacemento, orixe’, co significado de ‘ben nacido, de boa orixe’, a través do latín Eugenius. A forma feminina grega Eughenía, en latín Eugenia, seguramente non procede do nome persoal masculino, é unha formación máis antiga que parte do substantivo abstracto eughéneia, poeticamente eughenía ‘nobreza de nacemento’. Desta forma acentuada no i procede a forma feminina galega; a masculina formouse posiblemente por analoxía con ela. Presenta as variantes Euxenio/Euxenia, Euxeo/Euxea e Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda as enfermidades de transmisión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estuda todo o que fai referencia ás bandeiras. OBS: A primeira grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO