"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Arcebispo (1564) e cardeal (1560) de Milán. A tradición conta que durante a gran peste de 1575 andou en procesión de penitencia por Milán, cunha corda ao pescozo e cun cilicio, socorrendo os apestados. Interveu no Concilio de Trento (1545-1563), dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Malia a súa actitude de severidade e austeridade, foi moi popular, especialmente trala peste de 1576, que orixinou unha gran mortaldade. Escribiu numerosos sermóns e instrucións; entre eles, Actas sinodiais, Sermóns, Instrucións e cartas. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro. En iconografía represéntase vestido de cardeal, co capelo e a capa purpúreas, e leva como atributos o báculo arcebispal coa dobre cruz, un crucifixo na man e unha corda ao pescozo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Carlos I, foi duque de Orleans entre os anos 1407 e 1465. Sobriño de Carlos VI e pai de Luís XII de Francia, militou no bando dos armañacs. Feito prisioneiro na Batalla de Azincourt, residiu 25 anos en Inglaterra onde escribiu gran parte da súa obra lírica en francés e inglés. En 1440 regresou a Francia e retirouse ao seu castelo de Blois, que converteu en centro de reunión de literatos e artistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Viana e fillo do infante Xoán (futuro Xoán II) e Branca, filla do rei de Navarra Carlos III o Nobre. Morto o rei, foi proclamado príncipe de Viana, título dos herdeiros do trono de Navarra. Exerceu de gobernador xeral de Navarra entre o 1440 e o 1450. Trala morte da súa nai (1441) converteuse en rei de Navarra co nome de Carlos IV, pero unha cláusula do testamento materno impediulle exercitar o mandato mentres vivise o seu pai. Por este motivo, mantivo diversos enfrontamentos con el ata que, finalmente, o recoñeceu como primoxénito pola Concordia de Villafranca, asinada o 21 de xuño de 1461. Convertido en símbolo da oposición catalá ao autoritarismo de Xoán II, a historiografía romántica catalá converteuno nun santo e mártir co nome de Carlos de Aragón. Ao seu redor xiraba unha corte brillante e refinada. Dispuña dunha importante biblioteca e coñecía o catalán, o latín e o francés, pero a súa lingua literaria era o castelán. A súa obra máis importante é a Crónica...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos I de Nápoles.
-
PERSOEIRO
Duque de Bretaña (1341-1364). Sobriño de Filipe VI de Francia e herdeiro do ducado de Bretaña polo seu matrimonio (1337) con Xoana de Penthièvre, sobriña do duque Xoán III. Morto este no 1341, disputoulle o ducado Xoán, conde de Montfort l’Amaury, apoiado por Eduardo III de Inglaterra, feito que orixinou a longa loita pola sucesión de Bretaña. Foi beatificado en 1904.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Romanía (1881-1914) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen. Coa axuda de Napoleón III e coa oposición de Rusia, Turquía e Austria, foi elixido príncipe en 1866. Aproveitou a guerra ruso-turca de 1877 para independizarse de Turquía e proclamarse rei. Durante a Primeira Guerra Mundial mantívose neutral a pesar da actitude favorable aos aliados do consello da coroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Romanía (1930-1940). Desherdado polo seu pai Fernando I, os seus dereitos foron entregados ao seu fillo Miguel en 1926, pero o 8 de xuño de 1930 impúxose como rei. Practicou unha política de alianzas cos estados centroeuropeos e balcánicos. En 1938 disolveu as organizacións políticas e promulgou unha Constitución de carácter autoritario. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial viuse forzado a ceder territorios á URSS, Hungría e Bulgaria, feito que provocou o seu descrédito. Hitler obrigouno a abdicar en favor do seu fillo Miguel o 6 de setembro de 1940.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos francos (893-923), fillo póstumo de Luís o Tatexo. Coroado no 893 en oposición a Odón, duque de París, viuse obrigado a refuxiarse en Alemaña ata que Odón accedeu a pactar unha repartición do reino (896). No 898 morreu Odón e Carlos converteuse no único rei. A través do Tratado de Saint-Clair-sur-Epte (911), cedeulle en feudo unha parte de Neustria (denominada posteriormente Normandía) ao dirixente normando Rollón e entregoulle a súa filla Xisela como esposa coa condición de que se fixese cristián. No 922 tivo que enfrontarse, preto de Soissons, a Roberto, duque de Francia, que fora elixido rei polos nobres revolucionarios; matouno no 923, pero perdeu a batalla e refuxiouse no territorio de Herbert, conde de Vermandois, que o mantivo prisioneiro en Château Thierry e Péronne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Lorena (1545-1608), fillo do duque Francisco I e de Cristina de Dinamarca. Defendeu a causa católica en Francia durante as guerras de relixión. Desenvolveu a economía nos seus estados e fundou a Université de Pont-à-Mousson en 1572.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1322-1328) e de Navarra (Carlos I, 1322-1328). Terceiro fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra, sucedeu ao seu irmán Filipe V. Apoiou ao Papa Xoán XXII contra o emperador romano-xermánico Luís IV de Baviera e tamén o seguiu no favor prestado ao infante Filipe de Mallorca, titor de Xaime III, contra os designios de Xaime II de Aragón. En 1324 levou a cabo frutíferas campañas no ducado de Aquitania, coñecidas como Guerra de Saint-Sardos. Con el extinguiuse a liña masculina dos Capetos directos. A reivindicación dos dereitos do seu neto Eduardo III de Inglaterra iniciou a Guerra dos Cen Anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1560-1574). Fillo de Enrique II e de Catarina de Medici, rexente entre 1560 e 1563, sucedeu o seu irmán Francisco II. Despois da Paz de Saint-Germain (1570), que puxo fin á loita entre católicos e hugonotes, protexeu a estes de acordo co seu favorito Gaspard de Coligny. Inducido por Catarina de Medici, ordenou a matanza da noite de San Bertomeu o 24 de agosto de 1572, feito que o obsesionou o resto da súa vida. Protector da academia de Baïf, escribiu poesía e un Traité de la chasse royale (Tratado da caza real, 1625).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (Rivoli 1562 - 1630) Duque de Savoia (1580-1630). Fillo de Manuel Filiberto I, intentou manter a independencia do seu estado e oscilou entre as súas alianzas cos franceses e os españois. Interveu nas guerras de relixión de Francia no 1588 e, de acordo coa Liga Católica, apoderouse do marquesado de Saluzzo. Vencido por Enrique IV de Francia, polo Tratado de Lyon (1601) cedeulle os territorios de Bresse, Bugey e Gex a cambio de Saluzzo. Interveu do lado de Francia no conflito da Valtellina (1622) pero foi abandonado polos seus aliados. Axudou a Filipe IV na guerra de sucesión de Mantua e Monferrato no 1628, pero Luís XIII obrigouno a manter a neutralidade despois da vitoria do paso de Susa no 1629. Cando faleceu, franceses e españois loitaron nos seus territorios.
-
PERSOEIRO
Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1364-1380), primoxénito e sucesor de Xoán II o Bo, en 1349 foi nomeado primeiro delfín de Francia. Asumiu o goberno despois de que os ingleses fixeran prisioneiro a Xoán II en Poitiers (1356). Superou con habilidade a situación e acadou un control da administración propugnado desde 1356 polos estados xerais da lingua d’oïl. Dominou a insurrección comunal de París dirixida por Étienne Marcel e a revolta campesiña da Jacquerie (1358). Preparou, en Brétigny, a conclusión do Tratado de Calais (1360), que permitiu o retorno de Xoán II. En 1364 derrotou a Carlos III de Navarra e enviou as compañías do vencido a Castela para soster a causa de Enrique de Trastámara. Recomezou en 1369 a guerra contra Inglaterra. Recoñeceu, en contra do Papa Urbano VI, a Clemente VII en 1378. Iniciou a construción da fortaleza da Bastilla e reconstruíu o palacio do Louvre, onde fundou unha importante biblioteca real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1380-1422), fillo e sucesor de Carlos V. Durante a súa minoría de idade o goberno foi dominado polos seus tíos, os duques Luís I de Anjou, Filipe I o Atrevido de Borgoña, Xoán de Berry e Luís II de Borbón. En 1388 asumiu persoalmente o goberno, pero en 1392 os seus tíos, entre os que se impuxo Filipe I, apartárono do poder debido aos trastornos psíquicos que padecía. Os choques entre os intereses contrapostos de Luís de Orleans, irmán de Carlos VI, e os duques de Borgoña, orixinaron os bandos inimigos dos armañacs e dos borgoñóns, que provocaron a guerra civil e o paso dos borgoñóns ao bando inglés. Despois de que Enrique V de Inglaterra gañase en Azincourt (1415) e ocupase Normandía (1417), Filipe o Bo, duque de Borgoña, obrigou a Carlos VI a asinar o Tratado de Troyes (1420), que recoñecía a Enrique V como herdeiro ao trono de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1422-1461), fillo e sucesor de Carlos VI. Nomeado delfín en 1417, estivo do lado dos armañacs, que o recoñeceron rei á morte do seu pai (1422), malia as estipulacións do Tratado de Troyes. Entrementres, o duque de Bedford intitulouse rexente de Francia en nome de Enrique VI de Inglaterra. As vitorias inglesas motivaron unha profunda penetración no territorio francés, pero a crítica situación de Carlos VII foi salvada por Xoana de Arco, que conseguiu levantar o sitio de Orleans en 1428 e o fixo coroar en Reims en 1429. En 1436, as forzas de Carlos VII entraron en París; posteriormente asinou unha serie de treguas cos ingleses ata 1449. Ata entón Carlos VII dominou diversas revoltas feudais, como a de Praguerie de 1440 e reorganizou o exército e as finanzas. Retomada a guerra contra os ingleses, reconquistou Normandía (1449-1451) e Guiena (1451-1453), co que o dominio inglés en Francia quedou reducido a Calais. En 1438, pola Pragmática Sanción de Bourges, aprobáronse as decisións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1483-1498), fillo e sucesor de Luís XI. Entre 1483 e 1491 foi rexente a súa irmá Ana de Francia, que ultimou o casamento do rei con Ana I de Bretaña en 1491. Carlos intentou reivindicar os dereitos franceses, herdados dos Anjou, en Nápoles, polo que estableceu unha serie de tratados coas potencias europeas buscando a súa neutralidade: con Inglaterra polo Tratado de Étaples (1492), con Aragón e Castela polo Tratado de Barcelona (1493), e con Austria polo Tratado de Senlis (1493). Os seus rápidos éxitos no avance por Italia e a entrada en Nápoles (1495) favoreceron a formación da liga antifrancesa de Venecia que o derrotou en Fornovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1824-1830), irmán de Luís XVI e de Luís XVIII. Ao comezar a Revolución Francesa emigrou e foi un dos dirixentes do realismo en Inglaterra desde 1795. En 1814 volveu a Francia, onde liderou o partido ultra. Á morte de Luís XVIII (1824) accedeu ao trono e levou a cabo unha política de implantación do absolutismo monárquico. Durante o ministerio de Polignac foron ditadas as ordenanzas de Saint-Cloud (1830), que disolvían a cámara, modificaban a lei electoral e suprimían a liberdade de prensa, disposicións que provocaron a Revolución de Xullo de 1830 e que o obrigaron a abdicar a favor do seu neto, o duque de Burdeos, e a exiliarse. Durante o seu reinado tivo lugar a toma de Alxer, que iniciou a expansión colonial francesa polo norte de África.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta canadense de lingua inglesa. De tendencia posromántica, escribiu entre outras obras: Ballads of Lost-Heaven (Baladas do paraíso perdido, 1897), Songs from Vagabondia (Cancións de Vagabondia, 1894), Ballads and Lyrics (Baladas e poemas, 1902) e Poems (Poemas, 1904 e 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canto revolucionario francés, composto e difundido en París a partir de 1792. O nome provén dun tipo de chaqueta típica de Carmagnola (Piemonte), levada a París polos revolucionarios marselleses e adoptada polos xacobinos.