Carlos Manuel I de Savoia

Carlos Manuel I de Savoia

o Grande (Rivoli 1562 - 1630) Duque de Savoia (1580-1630). Fillo de Manuel Filiberto I, intentou manter a independencia do seu estado e oscilou entre as súas alianzas cos franceses e os españois. Interveu nas guerras de relixión de Francia no 1588 e, de acordo coa Liga Católica, apoderouse do marquesado de Saluzzo. Vencido por Enrique IV de Francia, polo Tratado de Lyon (1601) cedeulle os territorios de Bresse, Bugey e Gex a cambio de Saluzzo. Interveu do lado de Francia no conflito da Valtellina (1622) pero foi abandonado polos seus aliados. Axudou a Filipe IV na guerra de sucesión de Mantua e Monferrato no 1628, pero Luís XIII obrigouno a manter a neutralidade despois da vitoria do paso de Susa no 1629. Cando faleceu, franceses e españois loitaron nos seus territorios.