"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
CIDADES
Cidade do distrito de Porto, Portugal, situada ao N da aglomeración de Porto (152.067 h [1991]). É o principal porto pesqueiro de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da perfectura de Nagano, situada na illa de Honshū, Xapón, ao S de Ueda (206.801 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor chileno. Formouse como arquitecto (1931) e marchou a Europa en 1933, onde traballou con Le Corbusier e Gropius en París e, xunto con Josep Lluís Sert, no Pabellón Español da Exposición Internacional de 1937. A través de S. Dalí e F. García Lorca entrou en contacto co movemento surrelista. A súa obra pictórica evocaba espacios oníricos poboados por seres fantásticos, cun tón de denuncia moi acusado. Da súa obra destaca Nacimiento de América e La Ajenidad. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Artes en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático italiano. Secretario e embaixador do duque de Mantua, foi capturado polos franceses e enviado a prisión en Pinerolo (1679) e despois á Bastilla. Identificouse como o prisioneiro coñecido como a Máscara de Ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación musical creada en Vigo a principios da década de 1990. Estaba fomada por Carlos Núñez, Anxo Lois Pintos, Santiago Cribeiro, Pancho Álvarez, Diego Bouzón e Isaac Palacín, músicos que procedían, na súa maior parte, do Grupo Didáctico da Universidade Popular de Vigo. Editaron o disco Matto Congrio (1993). Deste grupo saíron outras formacións musicais, como Berrogüetto e o gaiteiro Carlos Núñez.
-
PERSOEIRO
Pintor austríaco. Formouse na academia de Viena, onde posteriormente foi profesor. Influído por Giambattista Pittoni, pintou nun estilo rococó caracterizado por un sfumato vibrante e unha gran liberdade de concepto. Traballou en grandes decoracións en Austria, Bohemia, Moravia e Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi deputado liberal por Mallorca en 1881, co apoio do goberno liberal e dos sectores conservador e católico da illa. Como ministro de Ultramar (1892-1894) proxectou unha serie de reformas administrativas para Cuba e Filipinas nas que concedía unha certa autonomía para contrarrestar a insurrección, pero a protesta das Cortes obrigouno a dimitir. Ministro de Gracia e Xusticia (1894-1895) e da Gobernación (1902-1903), desde este cargo permitiu o triunfo electoral dos republicanos nas grandes cidades, asinou a constitución do Instituto de Reformas Sociais e lanzou o proxecto de reforma da administración local. Líder do Partido Conservador desde novembro de 1903, presidiu o goberno entre decembro de 1903 e decembro de 1904. No período 1907-1909 volveu á presidencia e conseguiu a aprobación do proxecto de reconstrución naval (1908), ao tempo que apoiou o caciquismo electoral e tentou impoñer unha lei especial contra o terrorismo. A extensión da oposición republicana despois dos feitos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asturias (783-788), fillo ilexítimo de Afonso I. Destronou o adolescente Afonso, fillo de Froila I. Durante o seu reinado, un período de paz interior e exterior, escribiuse o himno O Dei verbum, en honor ao apóstolo Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Integrado na escola da Haia, cultivou principalmente a paisaxe e admirou a J. F. Millet. Destacou pola harmonía do colorido e a suavidade da luz nas súas obras, das que destaca Barca de pesca arrimada á beira (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno sistema montañoso, integrado na serra de Queixa, que está situado na parroquia de Requeixo (Chandrexa de Queixa). A súa altitude oscila entre os 1.615 e 1.753 m.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilela (Rodeiro). O seu cumio acada os 890 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten maxestade.
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático alemán. Foi director do observatorio de Göttingen. Entre 1753 e 1761 fixo numerosas observacións dos movementos da Lúa, que foron publicadas en 1770, e elaborou un catálogo estelar, que contiña un millar de estrelas zodiacais. En 1761 estableceu unha fórmula para calcular e corrixir as desviacións instrumentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Foi un dos fundadores da socioloxía do traballo estadounidense, de grande influencia na psicoloxía industrial. Encontrou a relación entre a satisfacción do traballador e a súa produtividade e realizou os estudios sobre o comportamento humano no traballo, nos que descubriu a importancia das relacións informais dentro da planta de traballo e que o traballo é unha actividade grupal. Escribiu The Human Problems of an Industrial Civilization (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor xaponés. Estudiou en Toquio e París, e combinou a tradición musical do seu país coas novas tendencias. As súas obras máis destacadas son Samsara, para orquestra (1962), o ballet Bugaku (1962) e a Obertura ritual, para instrumentos de vento (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánica e xenetista estadounidense. Especializouse en xenética vexetal na Universidade de Cornell, onde se doutorou en 1927, ingresou no departamento de xenética da Institución Carnegie de Cold Spring Harbour (1942) e foi admitida na Academia de Ciencias de EE UU (1944). Descubriu que a recombinación xenética vai acompañada sempre dun intercambio de ADN entre os cromosomas homólogos, e tamén os transposóns do millo. En 1983 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo descubrimento de elementos xenéticos móbiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar da zona ártica de Canadá, entre as illas Victoria e Príncipe de Gales.
-
PERSOEIRO
Explorador británico. Viaxou polas Terras Árticas e realizou diversas expedicións ao O da baía de Baffin, na procura da expedición de John Franklin, da que localizou diversos restos. Recibiu o título de sir.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conduto, canle ou abertura natural nun individuo.
-
meato auditivo externo
conduto auditivo externo.
-
meato nasal
Cada un dos tres espacios ou canles, superior, media e inferior, que se situan na parede externa das fosas nasais, entre os cornetos correspondentes.
-
meato urinario
Orificio externo da uretra.
-
-
Espacio intercelular das células contiguas dos tecidos vexetais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión que se practica nun meato, especialmente no meato urinario, coa finalidade de anchealo.