Matto Congrio
Matto Congrio
[MÚS]
Formación musical creada en Vigo a principios da década de 1990. Estaba fomada por Carlos Núñez, Anxo Lois Pintos, Santiago Cribeiro, Pancho Álvarez, Diego Bouzón e Isaac Palacín, músicos que procedían, na súa maior parte, do Grupo Didáctico da Universidade Popular de Vigo. Editaron o disco Matto Congrio (1993). Deste grupo saíron outras formacións musicais, como Berrogüetto e o gaiteiro Carlos Núñez.