"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

  • Abū Ẓ abĩ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abū ‘Abd Allāh Muamad umaydī .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro   Valí independente de Mallorca (1208-1229). Durante o seu goberno Xaime I emprendeu a conquista de Mallorca. Derrotado despois dunha forte resistencia, foi torturado morrendo logo de poucas semanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do Emirato de Abū Zabī e da Unión dos Emiratos Árabes (363.432 h [estim 1989]). Levántase sobre unha illa próxima ao litoral. Ten porto e aeroporto internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emirato da Unión dos Emiratos Árabes, no golfo Pérsico (73.548 km2; 928.360 h [1995]). É o máis extenso e o máis poboado da Unión, e o que ostenta a hexemonía política. O territorio inclúe unha parte dos desertos interiores da Arabia oriental. A partir do 1960 a explotación petroleira (o 40% de toda a Unión) trocou a súa economía tradicional e transformou o Emirato. Así, dende 1971, ano da independencia, é o Emirato máis rico do estado e a súa capital, Abū Zabī (ou Abū Dhabī), que tamén o é da Unión dos Emiratos, a cidade máis próspera da Unión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ḥ ā ǧ ib (chanceleiro e responsable das finanzas) de Córdoba coñecido na historiografía galega co nome de Almanzor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suxeitar cunha corda a pata dianteira dunha vaca ou doutro animal ao corno ou ao pescozo para que non escape.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de aceptable, que pode ser admitido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de adaptable.

    2. Aptitude dos seres vivos para se axustaren ás variables do medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de aeronavegable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amabilidade no trato e na forma de ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e de León (1252-1284). Fillo de Fernando III e de Beatriz, filla de Filipe, duque de Suabia. Reinando aínda Fernando III participou en diversas empresas guerreiras e diplomáticas que deron como resultado a conquista do Reino de Murcia e o Tratado de Almizra (1244). Durante o seu reinado soubo combinar o exercicio do poder co cultivo dos saberes. Foi un político ambicioso e un hábil militar. A súa política exterior estivo caracterizada por continuos enfrontamentos e polo desexo de engrandecer os límites territoriais do Reino. A súa relación co Reino de Murcia foi motivo de tensións cos reis de Aragón, principalmente con Xaime I. Continuou a guerra con Portugal co obxecto de apropiarse do Algarve (1253), sen embargo, rematou renunciado a ese territorio. Obtivo a vasalaxe de Teobaldo II de Navarra (1254). Renunciou ao ducado de Gascuña e cedeuno (1254) á súa irmá Leonor, muller de Eduardo, herdeiro de Enrique III de Inglaterra. Proseguiu a conquista de Andalucía (conquistou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enganchar a gabita á grade ou ao cambón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baladiyya de Libia (91.620 km2; 100.547 h [1988]) no golfo de Sirta. Comprende parte da antiga Cirenaica romana. A capital é Agedabia (31.047 h [1988]), ao L de Trípoli.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aglábidas.

    2. Familia dos Banū al-Aḡlab, dinastía que gobernou Ifrīqiya (800-909) na África nororiental, con capital en Al-Qayrawān (Kairouán). O seu fundador, Ibrāhīm al Aḡlab, foi nomeado gobernador polos abásidas e conseguiu independizarse. Os aglábidas conquistaron Sicilia (827-902) e Malta (863), onde reconstruíron a mesquita da capital. Foron eliminados polos fatimís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lingua arábiga. Variante do árabe, falada polas minorías musulmanas nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación de todo poder político musulmán. En Castela, Aragón e no Principado, estes grupos abandonaron o idioma, e cara ao 1500 só se conservaba algún rastro fonético no uso do castelán e do catalán.

    2. Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

    3. Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración inglesa para nenos de Lewis Carroll, publicada en 1865. A protagonista, durmida contra unha árbore, adéntrase nun mundo de fantasía. A obra é considerada un dos precedentes do superrealismo e do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de alienable.

    2. Calidade dos bens que os fai alienables, en contraposición a inalienables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é alleable ou alienable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos almorábides.

    2. Individuo da seita islámica almorábide.

    3. Secta islámica orixinaria do Sáhara, fundada en 1042 por ‘Abd Allāh ibn Yāsīn. Por mor do veo que lles tapaba o rostro ata os ollos, os seus membros foron tamén chamados al-mulattimūm. A tribo lamtūna (do grupo bérber dos sanhāǧa, antecesores dos tuareg) foi partidaria da nova doutrina, grazas ao feito de que os seus Xeques, os irmáns Yaḥyà e Abū Bakr, se converteron en discípulos de ‘Abd Allāh. Inspirados polas doutrinas islámicas, dedicáronse á ğihad (guerra santa). A actuación militar de Yaḥyà e de ‘Abū Bakr determinou o dominio das tribos do deserto e asimilou os territorios de Siğilmasa, Sūs e Agmāt. Abū Bakr, encomendou o norte ao Xeneral Yūsuf ibn Tašfin, dirixiuse cara ao sur e refuxiouse en Gana (1076), onde formou un primeiro núcleo de musulmáns negros e fundou a cidade de Tombouctou (1077), centro destinatario das rutas de caravanas procedentes...

    VER O DETALLE DO TERMO