aglábida
aglábida
-
adx
[HIST]
Relativo ou pertencente aos aglábidas.
-
s
[HIST]
Familia dos Banū al-Aḡlab, dinastía que gobernou Ifrīqiya (800-909) na África nororiental, con capital en Al-Qayrawān (Kairouán). O seu fundador, Ibrāhīm al Aḡlab, foi nomeado gobernador polos abásidas e conseguiu independizarse. Os aglábidas conquistaron Sicilia (827-902) e Malta (863), onde reconstruíron a mesquita da capital. Foron eliminados polos fatimís.