Agisimba

Agisimba

Denominación que Ptolomeo aplicaba á parte de África situada ao S de Numidia, Fezzán e Etiopía. O africanista Janheinz Jahn defende retomar estas denominacións para substituír as formas adoito empregadas, pouco flexibles (África ao sur do Sáhara) ou incorrectas (África negra, África subsahariana).