"Adela" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porqueira baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Porqueira. Datada entre os ss XVIII e XIX, ten unha soa nave e a cuberta a dúas augas. No seu interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII, obra do entallador A. Rodríguez e con imaxes de Antón de Neira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Ingresou na Congregación da Misión de San Vicente de Paúl en 1907 e dedicouse ao ensino e á investigación histórica. Escribiu numerosas obras, das que destacan Resumen histórico de la Congregación de la Misión en España desde 1704 a 1868 (1923), El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros. Apuntes históricos (1929) e Colección de documentos para la Historia de la Congregación en España. T. I. (1702-1835) (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gaiteiro. Coñecido como Farruco Paradela, está considerado un dos intérpretes de gaita máis importantes de Galicia. Formou parte de numerosas agrupacións musicais, entre elas a Coral Cantigas da Terra, en que permaneceu 25 anos. Levou a cabo diversas gravacións, das que destaca a realizada en 1950 xunto ao etnomusicólogo Alan Lomax e o gaiteiro Fernando Álvarez. Recibiu a medalla Marcial del Adalid (1960) do Concello da Coruña en recoñecemento á súa carreira musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Barrio (A Pobra de Trives). Na súa orixe tiña planta en L pero engadíronselle varias construcións para uso agrícola na parte leste. Conta cunha capela nos arredores construída en cachotaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Liñares en Paradela (A Estrada). Construída en cantaría, data do s XVIII, e ten un único van cun arco de medio punto. A calzada é de pedra. Atópase nun antigo camiño cara á Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Paradela. Foi construída no s XVIII e conserva a ábsida rectangular románica da fábrica primitiva, con bóveda de canón. No seu interior tamén destaca o arco triunfal románico, de medio punto e sección rectangular, con dúas arquivoltas. Conserva un retablo renacentista dos ss XVI-XVII e un altar pétreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado en Coles. Documéntase nunha doazón que don Munio e a súa dona Elvira fixeron ao mosteiro o 8 de marzo de 986. O 24 de marzo de 1003 foi doado a Celanova polos seus donos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Sarria. De estilo románico, data do s XII aínda que sufriu varias reformas e un incendio en 1934. Ten planta rectangular cunha soa nave e unha sancristía engadida en época posterior. No interior conserva un arco triunfal cunha arquivolta. Na fachada destaca a porta principal con arco de medio punto decorado con arquivoltas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Paradela, Portomarín e Guntín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Adelina Patti e filla do tenor italiano Salvattore Patti e da soprano Caterina Chiesa Barilli-Patti, percorreu os principais escenarios musicais do mundo, sobre todo os de Londres, Madrid, Milán, Nova York e París, onde interpretou papeis de óperas de G. Donizetti, G. Verdi e G. Rossini. Especialmente brillante nos papeis de coloratura, está considerada como unha das sopranos máis importantes do s XIX. Tras a súa retirada (1906), no seu castelo de Craig-y-Nos construíu un teatro para realizar actuacións privadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Betanzos baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Piadela (Betanzos). De estilo neoclásico, foi construída en 1728 e ten planta en forma de escuadra con dúas alturas. Na fachada principal destaca o escudo de armas de X. Sánchez Vaamonde, arcediago da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ferir co aguillón ou co peteiro un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Luaces (Pol). Construída en cachotaría, presenta planta en forma de L cun saínte onde se sitúa a capela. Ten patín corrido e cuberto, con balaústre e pilares de madeira, no ángulo interno. Destacan os dous escudos da fachada principal e o da capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de sinople, un león de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rachadura que se fai nunha tea, papel ou noutro material semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca superficial que queda sobre algo feita por un corpo áspero ou cortante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da rexión de Magallanes e Antártica Chilena, Chile, situado no Océano Pacífico entre os estreitos de Magallanes, ao S, e o de Nelson, ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO