Paradela, ponte de

Paradela, ponte de

Construción situada sobre o río Liñares en Paradela (A Estrada). Construída en cantaría, data do s XVIII, e ten un único van cun arco de medio punto. A calzada é de pedra. Atópase nun antigo camiño cara á Estrada.