"Aden" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 144.
-
-
Que decae ou está en decadencia.
-
Relativo ou pertencente á unha época de decadencia.
-
-
Relativo ou pertencente ao decadentismo.
-
escola decadente /
decadentismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico e literario nacido en Francia a finais do s XIX, no clima de derrota nacional, xerado polas sucesivas crises que seguiron o Segundo Imperio e a guerra de 1870. A xustificación do termo e a ideoloxía parten das teorías de Giambattista Vico, Rousseau e do estudo de Montesquieu sobre a decadencia dos imperios. Influído polo pensamento de Schopenhauer, reflicte a angustia vital que xurdiu do contraste entre as ambicións desmedidas do sistema capitalista emerxente e da ciencia positivista, e a limitación dos seus resultados, que negaban os valores da sociedade tradicional e, en especial, da relixión, sen propoñer unha alternativa. O baleiro espiritual traduciuse nunha crítica ao pretendido progreso que se manifestou nunha certa nostalxia de épocas pasadas, acompañada dunha compracencia estética morbosa nos signos da decadencia do momento histórico contemporáneo: corrupción moral, crueldade, exaltación da forza e gusto polo enfermizo e depravado. Comportaba sentimentos de...
-
-
Relativo ou pertencente a un período de decadencia ou ao decadentismo.
-
Que ou quen é partidario do decadentismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas de Turquía que se estenden paralelas á costa, no extremo oriental da rexión da costa do Mar Negro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Estrada entre os anos 1906 e 1917. Dirixiuno Benito Pío Losada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paíño moi fino rematado en punta que se usa para sacar a comida que queda entre os dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esclerose dun ganglio linfático ou dunha glándula.
-
-
Relativo ou pertencente á Estrada ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Estrada.
-
-
SEMANARIOS
Semanario agrarista aparecido na Estrada a finais de 1906. Dirixido inicialmente por Benigno Pío Losada, entre 1908 e 1918 ocupou o cargo Manuel García Barros. De inspiración católico-tradicionalista, defendeu os sindicatos agrícolas fronte ás sociedades agrarias, ademais de atacar o caciquismo. A partir de 1908 incorporouse á campaña antiforal que dirixiu o Directorio de Teis. Mantivo diversas polémicas coa publicación caciquil La Voz del Pueblo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual do Centro Cultural del Partido de La Estrada aparecida en Bos Aires en 1980. Dirixida por Teodoro García, da súa redacción encargábase Alicia González. Distribuía unha tiraxe de entre 700 e 1.000 exemplares. A maior parte dos contidos refírense ás actividades e ao labor da institución. Tamén informa da actualidade galega e da comarca da Estrada, para o que recolle referencias de noticias aparecidas na prensa galega. Inclúe debuxos e fotografías de Galicia e de persoeiros galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno que contén tanto elementos fibrosos como glandulares. Un dos máis frecuentes é o que aparece nas glándulas mamarias a miúdo antes dos trinta anos; clinicamente maniféstase como un nódulo móbil no peito que adoita aumentar de tamaño en fases tardías do ciclo menstrual ou durante a xestación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hidrosadenite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso inflamatorio das glándulas sudoríparas, especialmente das situadas na axila. Pola secreción algo máis alcalina redúcese a natural defensa cutánea facilitando o desenvolvemento de procesos infectivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na presenza dunha pulsación adicional máis frouxa entre dúas pulsacións normais.
-
-
Relativo ou pertencente á intercadencia.
-
Aplícase ao pulso que presenta intercadencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome turco do Bósforo.
-
PERSOEIRO
Terrorista saudita. Membro dunha rica familia de orixe iemení vinculada aos negocios da construción, en 1979 marchou a Afganistán para combater a invasión soviética e foi adrestrado pola CIA. Fundou o movemento Maktab al-Khidimat (MAK), que recrutou voluntarios e importou equipos para apoiar a resistencia afgá e a organización Al-Qaeda (1988). Despois da guerra volveu a Arabia Saudí, pero foi expulsado en 1991 polas súas actividades contra o Goberno e marchou a Sudán. A presión do Goberno de EE UU provocou a súa expulsión en 1996 e volveu a Afganistán, dominado polos talibáns. Foi acusado polo secretario de Estado dos EE UU de promover e financiar unha rede terrorista que atentou contra as embaixadas americanas en Tanzania e Kenya (1998), contra o destrutor estadounidense USS Cole, en Iemen (2000), e contra as torres xemelgas do World Trade Center de Nova York e o Pentágono...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
De nome completo Usāmah bin Muhammad bin `Awad bin Lādin. Procedente dunha rica familia saudí orixinaria do Iemen é considerado o fundador e cabeza da organización terrorista islamita al Qaida, involucrada en ataques contra obxectivos civís e militares en todo o mundo. O goberno dos Estados Unidos sinalou a bin Laden como planificador dos ataques do 11 de setembro de 2001. Graduado en enxeñería civil pola Universidade Rei Abdul Aziz, trala invasión de Afganistán por parte da Unión Soviética en 1979, uniuse á resistencia afgana. En 1988 organiza al-Qaeda, e tras a invasión de Kuwait por Iraq en 1990 ofreceu axuda a Arabia Saudí para a súa defensa. Ao se negar o goberno saudí, bin Laden denuncia a presenza norteamericana e pide a saída das tropas estranxeiras do país organizando diversos ataques terroristas en todo o mundo durante a segunda metade da década dos 90, sendo os máis importantes o de Arabia Saudi en 1996 contra obxectivos norteamericanos, o de 1997 en Exipto contra turistas...
VER O DETALLE DO TERMO