"Alón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 299.

  • Impresor instalado na cidade de Vigo no ano 1919. A súa imprenta estaba situada na rúa Tres Portiñas, 57.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado do Estado. Afeccionado aos estudios históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os traballos titulados “O monopolio do comercio do diñeiro” e “Un punto de vista do nacionalismo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Máis coñecido na súa patria adoptiva, Uruguai, polo pseudónimo El Viejo Pancho. Aos catro anos trasladouse coa súa familia a Navia, Asturias, por mor da profesión de mestre do seu pai, e alí cursou os estudios primarios. Aos quince anos regresou a Ribadeo para facer estudios mercantís e aos dezaoito decidiu emigrar a América. Logo dunha breve estadía en Montevideo viaxou á Arxentina, onde permaneceu dous anos e comezou a escribir os seus primeiros versos. No 1877 trasladouse a Tala, en Uruguai, e continuou a súa tarefa creadora na prensa local e na elaboración de obras teatrais para o Grupo de Afeccionados de Tala. Xa casado, marchou ao Brasil onde permaneceu catro anos ata que en 1887 volveu a Tala, onde retomou os estudios para se facer procurador, profesión que exerceu o resto da súa vida. En 1902 asumiu a nacionalidade uruguaia e en 1908 ocupou un posto na Cámara de Representantes, polo Partido Nacional. Nos últimos anos viviu algún tempo en Montevideo. A súa obra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do territorio de Bizkaia, Euskadi (2.894 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Despois dunha estadía en Suíza, onde realizou a súa primeira exposición na Galerie Tosin (Basel, Suíza 1975), volveu a Galicia e participou en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, entre as que destacan as realizadas na Galería Van Gogh (Vigo, 1975), no Real Club Náutico de Vigo (1980), Galería Noveccento (Vigo, 1981), Casa da Cultura (Vigo, 1983), Caixa de Aforros Municipal de Vigo (Vigo, 1984). Obtivo o II premio do certame Arte Xoven Galego II (Vigo, 1979) e a Mención de Honor Arte Xoven Galego III (Vigo, 1980). A súa pintura caracterízase por unha tendencia abstracta vinculada a un certo construtivismo, unha sorte de paisaxe desolado no que os planos aluden a un rigor xeométrico, cheo dunha atmosfera irreal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exerceu na Cátedra de Antropoloxía da Universidade de Comillas (Santander). Nos anos cincuenta foi unha das primeiras voces que, dentro do estamento relixioso, comezou a preguntarse polo limo terrae nun sentido científico. A súa obra Hacia el origen del Hombre (1956) exerceu unha grande influencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núcleo atómico de comportamento anormal debido ao feito de ter unhas dimensións superiores ás que lle corresponderían se se atendese ao número de nucleóns que o forman. Non parece que estas modificacións poidan explicarse por ningún mecanismo simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Soria, Castela e León (2.042 h [1996]). Igrexa do s XVI e restos dun castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, xornalista e relixioso. Emigrou a Bos Aires e foi nomeado bispo auxiliar de Santiago del Estero (1937). Como xornalista colaborou en El Almanaque Gallego e El Eco de Galicia, e foi fundador do xornal Santiago e da revista La Defensa. Empregou o pseudónimo de Prisquito, publicando as seguintes obras: Trabajos sueltos (1924) e un estudo sobre Francisco Solano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da parroquia de Reinante, ao L da punta do Gabito, no concello de Barreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira meridional da ría de Vigo, no límite da parroquia de Chapela (concello de Redondela), coa de Teis (concello de Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter científico aparecida en Vilagarcía de Arousa a finais do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa. Realizada en estilo barroco, rematouse contra o ano 1667. No 1690 encargóuselle a Melchor de Velasco a construción da Capela do Rosario seguindo o modelo da Capela do Cristo de Burgos da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aro que forma parte da roda do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. En 1975 promoveu a creación do Partido Popular Regional Valenciano, integrado posteriormente na Unión de Centro Democrático (UCD). Foi vicepresidente do Congreso dos Deputados nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982).Tamén ocupou o cargo de presidente da Comisión Constitucional, en que presidiu a comisión mixta de delegados desta e da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, que se reuniu en Madrid entre setembro de 1979 e outubro de 1980, para discutir o proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia, elaborado pola Comisión dos nove e que fora ratificado pola Asemblea de Parlamentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa onde, segundo a lenda, o Rei Artur foi levado para curar as feridas que recibiu na batalla de Camlann e que constitúe ademais un símbolo da súa inmortalidade. A primeira mención de Avalón aparece en 1136 na Historia Regum Britanniae (Historia dos reis da Bretaña) de Geoffrey ou Godofredo de Monmouth. Nesta obra, a illa non só é o lugar onde é transportado o Rei, senón a terra marabillosa onde se forxou a espada Escalibur. Outra obra do mesmo autor, a Vita Merlini (Vida de Merlín, 1148?), inclúe unha longa descrición da denominada Illa dos Frutos, que ben correspondería con Avalón. Nesta illa reina Morgana, unha especie de serea ou fada con poderes curativos que acolleu a Artur moribundo para restaurarlle a saúde. A existencia de Avalón na mitoloxía celta foi fortemente cuestionada e moitos críticos consideraron que se trataba dunha invención de Monmouth. Non obstante , o concepto de illa occidental perdida na inmensidade do océano respondería ás crenzas célticas sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONCELLO

    Concello da provincia de Barcelona (210.987 h [1996]). Inserida na área metropolitana de Barcelona, esténdese polo litoral oriental da cidade. Núcleo industrial moi diversificado (téxtil, químico e metalúrxico), experimentou ao longo dos últimos anos do s XX un proceso de terciarización, así en 1991 o sector terciario acollía xa a máis da metade da poboación ocupada. A orixe de Badalona está no poboado ibérico de Baitolo e no campamento romano de Baetulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Badalona.

    2. Natural ou habitante de Badalona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, coñecido por ter compilado, ao redor de 1455, o Cancioneiro de Baena, dirixido a Xoán II de Castela, onde incluíu algunha composición propia.

    VER O DETALLE DO TERMO