"Ames" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 215.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e naturalista. Realizou viaxes de exploración polo Mediterráneo (1833-1835) e polo Pacífico (1838), e deu clases de historia natural no Yale College dende 1855 e de mineraloxía e xeoloxía dende 1864. Foi editor da publicación American Journal of Science and Arts. Foi un dos principais elaboradores da teoría do xeosinclinal, e publicou Geology of the Pacific Area (Xeoloxía da área do Pacífico, 1849) e Manual of Geology (Manual de xeoloxía, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico musical. Dirixiu Musical World e os seus artigos en The Times obtiveron un grande éxito na época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor norteamericano. Comezou a súa carreira artística con pequenos papeis en compañías de teatro. Logo estudiou interpretación con James Whitmore na California University. En 1952 debutou como actor de teatro en Broadway e continuou os seus estudios no Actor’s Studio. Entrou nos estudios Warner da man do director Elia Kazan, co que fixo East of Eden (Ó leste do Edén, 1955), filme que o lanzou como actor e o converteu en ídolo dunha xuventude inconformista. Tamén protagonizou Rebel Without a Cause (Rebelde sen causa, 1955) e Giant (Xigante, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico británico. Investigou a licuefacción de gases e as temperaturas próximas ao cero absoluto. En 1891 construíu unha máquina para producir osíxeno líquido. Inventou a ampola ou vaso Dewar (1892). En 1898 conseguiu licuar o hidróxeno e o helio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista. Alférez de Pero Niño, conde de Buelna, escribiu no s XV a crónica El Victorial ou Crónica de don Pero Niño, conde de Buelna, na que narra as fazañas do conde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Representou a Donegal (1932-1937) e a Monaghan (1937) no Dáil Eireann. Foi ministro de Agricultura (1948-1951 e 1954-1957) e, como xefe do Fine Gaël, dirixiu a oposición no Dáil Eireann (1959-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Entre as súas obras, caracterizadas polo humor e a fantasía, destacan as novelas The Ginger Man (O home de xenxibre, 1955), A Singular Man (Un home estraño, 1963) e Gentleman (O cabaleiro, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e aviador. Participou na Primeira Guerra Mundial como aviador. Trala contenda conseguiu diversas marcas mundiais de velocidade. Durante a Segunda Guerra Mundial loitou no Extremo Oriente (bombardeo de Toquio, 1942), África e Europa. En 1946 abandonou o exército e foi nomeado director da compañía Shell (1946-1958). Dende 1959 traballou en proxectos espaciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Profesor na Harvad University, definiu na obra Income, Saving and the Theory of Consumer (A renda, o aforro e a teoría do comportamento dos consumidores, 1949) o efecto demostración, segundo o cal o nivel de consumo dos individuos depende, ademais dos seus ingresos, dos hábitos do grupo social ao que pertencen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Doutorouse en Historia da Arte polo Courtauld Institute of Art da Universidade de Londres coa tese Romanesque architectural sculpture in the diocese of Lugo, east of the Miño (Arquitectura e escultura románica na diocese de Lugo, ao leste do Miño, 1989). Profesor asociado de Humanidades da University of South Florida dende 1997, realizou estudios de arte medieval española, en especial sobre a arte románica galega e os mosteiros cistercienses en España. Participou en numerosos cursos e conferencias, entre os que destacan o simposio internacional O Pórtico da Gloria e a arte do seu tempo (1992). Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos e Bulletin of the Society for Spanish and Portuguese Historical Studies. Entre os seus estudios sobresaen “La formación de la parroquia en la Galicia medieval“ (1997) e “The patronage of Romanesque Church Constrution in Galicia” (O padroado na construción de igrexas románicas en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro estadounidense. Durante a Guerra de Secesión contruíu, por encargo do goberno da Unión, sete canoneiros de 600 toneladas, ao tempo que habilitaba 25 navíos para finalidades militares. Constructor dunha gran ponte de aceiro sobre o río Mississippi á altura de Saint Louis (1867-1874), abriu unha canle navegable ao S da desembocadura do Mississippi, que permitiu a transformación de New Orleans en porto de mar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador estadounidense. No eido do deseño centrouse na creación de cadeiras e sillóns. Con Eero Saarinen realizou a cadeira de Eames, galardoada polo Museum of Modern Art de Nova York (1940). Dende 1941 traballou coa súa dona, Ray Kaiser Eames (Sacramento 15.12.1916 - Los Angeles 21.8.1988), e os seus deseños convertéronse nos prototipos dos anos cincuenta e sesenta. No ámbito da arquitectura, proxectou a súa vivenda en Santa Monica (1949), na que as ventás, as portas e as paredes eran elementos prefabricados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. A súa obra céntrase na experiencia dos galeses expatriados. Da súa produción destacan Y Staffel Ddirgel (A cámara secreta, 1969) e Rhandir mwyn (A doce rexión).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Estudiou na Académie des Beaux-Arts de Bruxelles. As súas primeiras obras foron pinturas escuras e de interiores burgueses. Rexeitado no Salon de Bruxelles de 1883, uniuse ao Círculo dos XX ao tempo que a súa pintura adoptou unha temática fantástica e macabra, protagonizada por máscaras de entroido, esqueletos, diaños e outros seres monstruosos e estraños. As súas obras mostraban unha crítica relixiosa e social. Destacan, entre outras, Entrada de Cristo en Bruxelas (1888), A vella das máscaras (1889), Os esqueletos quéntanse no forno (1889) e Cristo calma a tempestade (1891). Fixo series de gravados e pintou escenas caricaturescas e paisaxes da vida cotiá nas que se funde realidade e fantasía. Foi un dos precursores do expresionismo e do surrealismo. En 1890 recibiu o título de barón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Especializado na lírica trobadoresca europea, diplomouse na Universidade de Aberdeen (1916) e, despois de combater na Primeira Guerra Mundial, continuou os seus estudios na Universidad de Madrid (1920-1921). Comezou a súa carreira docente na Universidade de Manchester (1921-1925), e logo exerceu como profesor de castelán nas universidades de Glasgow e Oxford. Entre as súas obras destacan: The Arthurian Legend and the Literatures of the Spanish Peninsula (1925), The Spanish Language, together with Portuguese, Catalan and Basque (1936), unha ampla análise sobre as linguas hispánicas desde o período prerromano, e European Balladry (1939), estudo sobre a poesía popular trobadoresca do Reino Unido e da Europa continental. Entre os manuais de pedagoxía destacan Spain, a Companion to Spanish Studies (1929) e Handbook to the Study and Teaching of Spanish (1938). Ademais escribiu Cervantes (1940), The Literature of England, A.D....
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deuse a coñecer coa triloxía Studs Lonigan (1935) e posteriormente escribiu Reflections at Fifty (1954) e Literary Essays (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte escocés. Formado na University of Edinburgh, estudiou a arquitectura da India, China e Europa. Das súas obras destaca The palaces of Nineveh and Persepolis restored; an essay on ancient Assyrian and Persian architecture (Os palacios restaurados de Nínive e Persépolis: un ensaio sobre arquitectura antiga asiria e persa, 1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Participou nos espectáculos Don Hamlet, príncipe de Dinamarca e Os vellos non deben de namorarse, presentado este último pola Asociación Teatral Iberoamericana na Coruña en 1959 e 1961. Continuou a súa andaina teatral na compañía Tespis, coa que actuou ata 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo escocés. Formado na University of Edinburgh (1825-1827), graduouse en artes na University of Oxford en 1831 e trasladouse pouco despois a Heidelberg para estudar a filosofía alemana. Foi profesor de historia na University of Edinburgh (1842) e de filosofía moral e política económica na University of Saint Andrews (1845). Defendeu unha concepción da filosofía sistemática polo que a dividiu en epistemoloxía ou ciencia do coñecemento verdadeiro; en agnoseoloxía ou ciencia da verdadeira ignorancia; e en ontoloxía ou ciencia do que existe realmente. Das súas obras destacan Institutes of metaphysic: the theory of knowing and being (Institucións metafísicas: teoría do coñecemento e do ser, 1854) e Lectures on Greek Philosophy and other philosophica remains (Lección de filosofía grega e outros restos filosóficos, 1866).
VER O DETALLE DO TERMO