"Amia" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 92.

  • Relativo ou pertencente ao Potsdamiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e político. Desenvolveu unha intensa actividade a prol do alistamento para loitar na Guerra da Independencia e foi membro da Xunta Suprema e Gobernativa do Reino de Galicia. Cóengo na catedral de Santiago de Compostela, representou a Galicia nas Cortes de Cádiz (1813-1814) e foi un dos firmantes do Manifiesto de los Persas. Foi bispo de León desde 1814 ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadeo. Construído polo marqués de Cerralbo no s XVII, foi destruído en 1719 polos ingleses. Posteriormente erixiuse outro castelo, destruído en 1809. Empregouse para defender a ría de posibles ataques por mar. O conxunto presenta unha planta poligonal formada por un edificio de planta cadrada e un patio amurallado. No muro atópanse seteiras. O castelo e as murallas foron declarados BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Fontefría (Amoeiro). Presenta dúas partes de diferentes épocas construtivas. A máis antiga ten planta en forma de U do s XVII xunto á que se atopa outro corpo en forma de L, do s XVIII. Conserva unha capela do s XIX, ademais de hórreos, pombal e fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reprodución sexual que implica a unión de dous gametos.

    2. Polinización entrecruzada que se produce entre plantas que florecen simultaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de fecundación que consiste na fusión de dúas células vexetativas, e que non conduce inmediatamente á cariogamia, senón a formación dunha hifa dicariótica e basidióxena. É típica dos fungos da clase dos basidiomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nupcias divinas ou unión sexual entre divindades ou entre divindades e mortais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplanogamia propia das algas e dos ascomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Articulista. De nome Damián Álvarez Villa­laín, dirixiu a Fundación Casares (2003-2005) e desde 2006 é asesor do presidente da Xunta de Galicia na área de cultura. Coor­dinador da comisión de teatro do Con­sello da Cultura Galega (desde 1998), ta­mén participou no consello reitor do Ins­­tituto Galego de Artes Escénicas e Teatrais (desde 1997). Foi xefe de prensa e publicacións do concello de Santiago (1988), director do Centro Dramático Gale­­go (1989-1991), presidente da Asociación Galega de Editores (1998-2000) e subdirector da Editorial Galaxia (1991-2002). Colabora en diversas publicacións periódicas, como Grial, Leer, Luzes de Galicia e A Nosa Terra. Realizou a dramaturxia de Um inimigo do povo (1997) para o Teatro do Noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de autogamia na que os gametos femininos dun pistilo dunha flor son fecundados por gametos masculinos procedentes do pole doutra flor da mesma planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso cisterciense. Foi un dos monxes que en 1966 reiniciaron a vida monástica en Oseira, onde é bibliotecario e arquiveiro. Colaborou en diversas publicacións e escribiu El monasterio de Oya y sus abades (1974), El monasterio de Osera (1980), El monasterio cisterciense y la villa de Santa María de Meira: síntese histórico-artística (1993) e Ferreira de Pantón: monasterio cisterciense en la Ribeira Sacra (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO