San Damián, castelo de
San Damián, castelo de
Construción situada en Ribadeo. Construído polo marqués de Cerralbo no s XVII, foi destruído en 1719 polos ingleses. Posteriormente erixiuse outro castelo, destruído en 1809. Empregouse para defender a ría de posibles ataques por mar. O conxunto presenta unha planta poligonal formada por un edificio de planta cadrada e un patio amurallado. No muro atópanse seteiras. O castelo e as murallas foron declarados BIC en 1994.