"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • Dise da persoa que dá o seu consentimento ou aprobación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘anel’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición dun acto xurídico afectado por un vicio ou defecto legal que, aínda que non é suficiente para producir a súa ineficacia ou nulidade absoluta, permite, a petición dunha das partes interesadas que os tribunais ou a administración declaren a súa ineficacia. No dereito administrativo son anulables todos os actos que incorren en calquera infracción do ordenamento xurídico, mesmo a desviación de poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser anulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de anular ou anularse.

    2. Formación de aneis.

    3. Formación circular semellante a un anel.

    4. Acción e efecto de anular un acto ou un negocio xurídico.

    5. Na psicanálise, mecanismo de defensa que consiste en transformar afectos, pensamentos, palabras, xestos ou actos pasados, inaceptables para o suxeito consciente, nos seus contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de anular.

    2. Selo inutilizado ou mataselado mediante sobrecarga ou barrado, que perde o seu valor postal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que anula.

    2. Elemento de control mecánico, eléctrico ou de calquera outro tipo, que anula algunha orde, algún sinal ou algunha indicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dedo da man inmediato ao maimiño.

      2. dedo anular

        Cuarto dedo da man entre o maimiño e o maior no que se poñen habitualmente os aneis.

    1. Que ten a forma dun anel.

    2. Relativo ou pertencente ao anel.

    3. Dise do cromosoma que adopta a forma de anel cando os seus extremos se entrecruzan e quedan unidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar nula ou sen validez unha cousa.

      1. Deixar nula ou sen aplicación unha lei, orde ou disposición.

      2. Declarar inválido e sen efectos legais un acto ou un negocio xurídico, sexa por causa dun vicio de nulidade plena ou de anulabilidade.

    2. Nun encontro deportivo, invalidar os puntos acadados por incorrer nalgunha acción antirregulamentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten poder de anular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reparación cirúrxica dunha válvula cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘esconder, gardar e tapar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anunciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de anunciar.

      1. Anuncio feito a María polo arcanxo Gabriel de que sería nai do Mesías. Os pais da Igrexa consideran que este foi o momento no que o Fillo de Deus se encarnou.

      2. Festa coa que a Igrexa celebra este misterio: 25 de marzo. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín eclesiástico annuntiatio ‘anunciación, anuncio’, derivado de annuntio. Este último termo procede de ad-nuntio ‘anunciar’, composto de ad ‘cara a, en dirección a’ e nuntio ‘informar, notificar’ e este, á súa vez, deriva de nuntius ‘nuncio, mensaxeiro’. Este antropónimo ten unha orixe cristiá; alude ao anuncio do nacemento de Xesús (“Anunciación a María”), relatado no evanxeo de san Lucas. A Anunciación tamén se coñece cariñosamente como a “Nosa Señora das Merendas”, porque a súa festa marca o comezo dos traballos nas veigas e, xa que logo, das merendas fóra da casa. A festividade da Anunciación, que antano se celebraba o 18 de decembro por non cadrar co espírito da Coresma, trasladouse logo ao 18 de decembro. Actualmente festéxase o 25 de marzo agás en Entrimo, onde se conmemora o 5 de agosto, e en Baiona, onde se celebra os días 5 e 10 de agosto. A Anunciación é titular dunha parroquia. Unha variante deste antropónimo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde da cabalería creada polo conde Amadeo VI de Savoia no 1362. Os estatutos foron doados no 1400 polo duque Amadeo VIII. Foi a orde suprema do Reino de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que anuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación filatélica aparecida o 1 de novembro de 1895 en Ferrol, e dirixida por Manuel Riva. Desapareceu en xullo de 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario aparecido na Coruña o 1 de xaneiro de 1863, subtitulado “Periódico consagrado al comercio, a la industria y a las artes”. Dirixido por Cándido Salinas, foron redactores Ramón Pérez Costales e Gonzalo Brañas. Foi impreso por Brañas e Pombo. Trataba temas económicos e comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO