anulabilidade
anulabilidade
(< anulable)
s
f
[DER]
Condición dun acto xurídico afectado por un vicio ou defecto legal que, aínda que non é suficiente para producir a súa ineficacia ou nulidade absoluta, permite, a petición dunha das partes interesadas que os tribunais ou a administración declaren a súa ineficacia. No dereito administrativo son anulables todos os actos que incorren en calquera infracción do ordenamento xurídico, mesmo a desviación de poder.