"Apia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 111.

  • Utilización terapéutica da febre, que se provoca artificialmente por medio da inxección de axentes piretóxenos diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica do plasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento para curar enfermidades pulmonares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe ou ascendencia familiar dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de vacinación non específica, consistente na inxección de proteínas para obter unha reacción inmunitaria de defensa ante certas infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades mentais, das desordes psicosomáticas e dos trastornos emocionais e da adaptación, baseado preferentemente nos métodos psicolóxicos, sobre todo, nos de relación interpersoal. Técnicas psicoterapéuticas son, entre outras, o psicodrama, a psicanálise, a terapia de grupo, a suxestión -hipnótica ou non- e a persuasión; entre as técnicas non especialmente psíquicas, a máis empregada é a narcoanálise. Distínguese entre psicoterapias superficiais ou sintomáticas (entre elas está o tratamento condutista), cando buscan só a desaparición dun síntoma ou síntomas concretos, e psicoterapias profundas, ou estruturais, cando queren conseguir a modificación da estrutura da personalidade que permite ao paciente superar os seus conflitos patolóxicos e patóxenos, e desenvolver formas máis adecuadas con el mesmo e cos outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento por axentes químicos que actúan sobre determinados microorganismos ou células sen prexudicar os tecidos orgánicos. Desde Ehrlich aplícase en terapéuticas medicamentosas antineoplásticas e antiinfecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación terapéutica das radiacións ionizantes. Utilizáronse inicialmente os raios X a baixa enerxía (röntgenterapia tradicional), para logo introducir os raios gamma e â (betaterapia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico do radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica dos reflexos condicionados. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • radioterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de San Luis. Foi ministro da Gobernación (1847-1851) con Narváez e introduciu diversas reformas como a mellora das escolas primarias, a regulamentación interior do seu ministerio ou a reorganización da policía. Presidiu o Consello de Ministros (1853-1854) ata ser derrocado pola Vicalvarada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade de sátrapa.

    2. Circunscrición territorial administrada por un sátrapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, con talos de entre 25-50 cm, flores con sépalos ovais ou lanceolados e dous pétalos que aparecen sobre unha bráctea do mesmo tamaño ca a flor e forman parte dunha inflorescencia en espiga. En Galicia aparecen as especies S. cordigera e S. lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do grego Serapios e este de Sérapis ou Sárapis, deus grego procedente dunha divindade exipcia anterior que significaba ‘sol’. Este nome pervive en Galicia como apelido nas formas Sarrapio e Serrapio, aínda que para algúns autores pode que derive do substantivo común sarrio. Presenta a variante Serrapio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento que consiste na administración de soros para restablecer o equilibrio hidroeléctrico ou para conferir inmunidade pasiva (seroinmunidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica terapéutica convulsiva que se emprega en psiquiatría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terapia que tende a reducir os trastornos mentais mediante a interacción do individuo e o medio social en que se atopa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades mediante baños de mar, algas mariñas ou a través do clima mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muro relativamente alto que circunda un terreo ou unha zona determinada, xeralmente situados nun núcleo urbano.

    VER O DETALLE DO TERMO