"Arga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 283.

  • GALICIA

    Militar. Logo de licenciarse na Academia de Infantería de Toledo foi enviado a África. Á súa volta destinárono a Murcia e posteriormente a Vigo como capitán do rexemento de Infantería. O 20 de xullo de 1936 participou activamente na sublevación da guarnición de Vigo ao proclamar nun bando, lido na Porta do Sol, o estado de guerra. No transcurso da súa lectura morreron vinte persoas e cincuenta resultaron feridas. Foi o responsable da represión desatada na área de Vigo (Lavadores, Cabral, O Calvario, Teis, etc) que durou ata o día 26 de xullo e que causou numerosas víctimas civís. Tamén dirixiu a represión en Tui, onde resistían os agraristas, os grupos próximos á CNT e á Fronte Popular, leais á República. Logo das súas actuacións en Galicia foi destinado á fronte asturiana, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1833 ingresou no corpo de garda de corps. Participou en diversas campañas contra os carlistas, na Guerra de Marrocos e na represión do movemento republicano en Andalucía (1868). Durante a Primeira República nomeárono capitán xeneral de València (1873) e dirixiu as operacións contra os cantonalistas de Cartagena e València. Durante a Restauración foi capitán xeneral en Euskadi, ministro de Guerra (1875-1879), con Cánovas del Castillo, e axudante de campo de Afonso XII, quen lle concedeu o título de marqués de Torrelavega en 1876.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á locución ‘rei de trunfos na brisca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciada en Belas Artes pola facultade de Pontevedra (1996), ampliou estudos en Londres. Realizou unha obra de carácter antropomórfico, onde o corpo se converteu no soporte conceptual dunhas reflexións que, a través do estímulo e do acto de agochar a vista, viaxan á vida real. Participou en exposicións individuais e colectivas en Galicia e no estranxeiro, entre as que destacan a 8th Exhibition of Prints in Kanagawa, Xapón (1993), e a 2nd Exhibition of European Exchanges, na Knights Gallery de Londres (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da mesma cidade. A súa obra evolucionou dende o figurativismo ata a abstracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘demo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de descargar ou descargarse.

    2. Conxunto de disparos simultáneos de varias armas de fogo.

      1. Paso brusco de electricidade entre dous corpos de distinto potencial.

      2. Conversión da enerxía química que se almacena nunha pila en enerxía eléctrica.

      3. Liberación da carga eléctrica dun condensador nun circuíto externo.

      4. Paso de portadores de carga a través dun gas de baixa presión nun tubo de descarga.

      5. descarga de vasoira

        Descarga luminosa dun condutor que ten forma de fíos ramificados luminosos que penetran no gas circundante. Ocorre cando o campo eléctrico, preto da superficie do condutor, supera un certo valor pero non é o suficientemente intenso como para que apareza a chispa.

      6. descarga luminosa

        Descarga eléctrica que atravesa un gas a baixa presión e fai que este se volva luminoso. A luz prodúcese polo decaemento de átomos e moléculas excitadas.

      7. descarga puntual

        Descarga que se produce en puntos agudos, onde a densidade de carga superficial é alta pola atracción, pola carga e pola consecuente repulsión de moléculas de aire.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de descargar ou descargarse.

    2. difamado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar destinado para descargar mercadorías ou outras cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa ou cousa que descarga.

    2. Instrumento de ferro, en forma de espiral, empregado para descargar as armas de fogo.

    3. Aparato que desvía cara á terra as sobretensións que aparecen nas liñas e nas instalacións eléctricas, para que non se produzan avarías nas máquinas e nos aparellos eléctricos da instalación. O tipo que máis se emprega é o de resistencia variable. Consta de dous electrodos, un dos cales posúe uns discos cunha resistencia eléctrica que diminúe ao aumentar a tensión. Cando aparece unha sobretensión, salta o arco entre os electrodos e establécese un paso de corrente cara á terra. Para un valor de tensión próximo ao normal, esta corrente interrómpese.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Quitar a algo ou alguén a carga que leva.

      2. Quitar unha carga de algo.

      1. Deixar caer o que se leva como carga.

      2. Producir chuvia, neve, pedrazo ou raios, as nubes ou unha tormenta.

      1. Disparar unha arma de fogo.

      2. Quitar a carga a unha arma de fogo.

    1. Facer perder a carga eléctrica a un acumulador, a unha liña ou a unha instalación.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantar o embargo que pesa sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anular un encargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser embargado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen embarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reter determinados bens por mandato xudicial.

    2. Obstaculizar a realización dunha acción.

    3. Provocar a alguén unha emoción intensa que lle causa unha alleación dos sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO