descarga

descarga

(< descargar)

  1. s f

    Acción de descargar ou descargarse.

    Ex: As operacións de carga e descarga no peirao efectuáronse de madrugada.

    Antónimos: carga.
  2. s f [BÉL]

    Conxunto de disparos simultáneos de varias armas de fogo.

    Ex: Os mortos amoreábanse por centos trala descarga da artillería.

  3. [FÍS]
    1. s f

      Paso brusco de electricidade entre dous corpos de distinto potencial.

    2. s f

      Conversión da enerxía química que se almacena nunha pila en enerxía eléctrica.

    3. s f

      Liberación da carga eléctrica dun condensador nun circuíto externo.

    4. s f

      Paso de portadores de carga a través dun gas de baixa presión nun tubo de descarga.

    5. descarga de vasoira

      Descarga luminosa dun condutor que ten forma de fíos ramificados luminosos que penetran no gas circundante. Ocorre cando o campo eléctrico, preto da superficie do condutor, supera un certo valor pero non é o suficientemente intenso como para que apareza a chispa.

    6. descarga luminosa

      Descarga eléctrica que atravesa un gas a baixa presión e fai que este se volva luminoso. A luz prodúcese polo decaemento de átomos e moléculas excitadas.

    7. descarga puntual

      Descarga que se produce en puntos agudos, onde a densidade de carga superficial é alta pola atracción, pola carga e pola consecuente repulsión de moléculas de aire.

  4. [CONSTR/ARQUIT]
    1. s f

      Peso e forzas exercidas por un corpo ou estrutura arquitectónica, que se trasmiten a outro para alixeirar o primeiro.

    2. arco de descarga

      arco de descarga.

  5. s f [XEOL]

    Perda de carga por erosión dos materiais supraadxacentes. É moi importante nos fenómenos de meteorización física.

  6. corrente de descarga [XEOG]

    Corrente mariña secundaria provocada por diferencias de densidade e temperatura de dúas masas de auga.