"BD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 171.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento metálico que pertence ao grupo VI A da táboa periódica, de número atómico 42 e peso atómico 95,94, que está situado entre o niobio e o tecnecio. Pode presentar as valencias +2, +3, +4 e +6, esta última a máis estable. É de cor branca agrisada. Foi descuberto en 1778 por Scheele e illado en 1872 por Hjelm. Atópase na natureza principalmente en forma de molibdenita e wulfenita, e na industria obtense por redución do seu óxido en corrente de hidróxeno, á temperatura de 1.050°C. O molibdeno existe en todos os seres vivos, de feito que o fungo Aspergillus niger non se pode desenvolver sen este elemento. Ademais, actúa como catalizador na fixación do nitróxeno nas fabáceas e na síntese da clorofila. Emprégase como compoñente na produción de determinadas aliaxes férricas e non férricas, ás que confire outro tempero e resistencia á corrosión. Os aceiros cun contido de molibdeno superior ao 1,1% empréganse na fabricación de ferramentas de corte rápido e para a produción de imáns...
-
-
Relativo ou pertencente ao molibdeno.
-
Que contén molibdeno.
-
Aplícase aos compostos de molibdeno en que este actúa cunha valencia alta.
-
[H 2 MoO 4 ]
-
-
-
Relativo ou pertencente ao molibdeno.
-
Que contén molibdeno.
-
Aplícase aos compostos de molibdeno en que este actúa cunha valencia baixa.
-
-
PERSOEIRO
Historiador. Escribiu Mu’ Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ǧ am, un dicionario biográfico, aproveitado da Takmila de ibn al-Abbar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e médico. Foi o fundador do wahhabismo. Adaptou a escola hanbalita á reforma puritana de ibn Taymiyya, e converteu ao emir de Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḋ ar’iyya, Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn Sa’ūd, tronco do futuro reino wahhabita en Arabia Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Despois de exercer o seu labor docente en Al-Azhar (1877) e Dār al-’Ulūm (1879), exiliouse en 1882 a Beirut e a París, onde se volveu encontrar con Palatino; Ǧ amāl al-Dīn al-Afganī, que influíu na evolución do seu pensamento. De volta ao Cairo (1888), foi nomeado gran muftí de Exipto (1889-1905). Considerado o fundador do movemento modernista, reformou o sistema de ensino en Al-Azhar. Escribiu Risālat al-Tawhīd (1888), tratado sobre a unidade divina, e un Comentario ao Alcorán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor diplostemonada cando os estames do verticilo externo son epipétalos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso tectónico que se inicia coa subdución da codia oceánica dunha placa litosférica baixo a codia continental doutra nun límite converxente, ata atopárense as dúas codias continentais que colisionan e forman unha cordilleira de colisión. Nas suturas deste tipo de cordilleiras quedaron localizados algúns fragmentos de codia oceánica, chamados ofiólitas.
-
PERSOEIRO
Virxe. Sábese pouco da súa vida e crese que morreu en Toledo, onde se conservan reliquias súas. Na iconografía leva un libro nunha man e na outra unha azucena ou flor de lis, atributo frecuente nas virxes do románico e gótico. A súa festividade celébrase o 5 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe na forma latinizada do árabe Abdullah, composto de abd ‘servo, escravo’ e Allah ‘Deus’. É o equivalente semántico das formas latinas Servodei ou Servodeo, nomes de dous santos mozárabes. Sobre a forma feminina creouse máis tarde a masculina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte máis posterior do abdome dos arácnidos, das ordes dos escorpións, palpígrados e uropixios, caracterizada polo seu estreitamento respecto á parte anterior do abdome e pola súa flexibilidade.
-
PERSOEIRO
Poeta. Famoso polos seus za ǧ al, o seu árabe dialectal, con numerosos mozarabismos, é unha fonte moi importante para o coñecemento da fala da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos rabditidos.
-
Nematodo da orde dos rabditidos.
-
Orde de nematodos de cutícula lisa ou anelada e en posesión dun ou dous bulbos esofáxicos. Inclúe un gran número de especies de reducidas dimensións. A maioría son libres e xeralmente habitan no solo e en substancias en descomposición. Moitos son saprófagos, pero hai algúns parasitos, e adoitan ser causantes de enfermidades, sobre todo en vexetais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘variña’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de cálculo por medio de variñas divididas en nove espazos, nos que están inscritos os números axeitados para facer con elas multiplicacións e divisións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de rabdómeros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para detectar obxectos ocultos, minerais ou auga no subsolo, por medio dunha variña ou dun péndulo que se leva na man.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a rabdomancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación diferenciada, semellante a un bastonciño, presente no extremo das células que forman a retínula fotorreceptora (células retinulares) do omatidio, nos ollos compostos dos artrópodos. Conteñen os pigmentos fotosensibles, e o seu conxunto denomínase rabdoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor do tecido muscular estriado.