rabditido -da
rabditido -da
(< lat científico Rhabditis)
-
adx
Relativo ou pertencente aos rabditidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Nematodo da orde dos rabditidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de nematodos de cutícula lisa ou anelada e en posesión dun ou dous bulbos esofáxicos. Inclúe un gran número de especies de reducidas dimensións. A maioría son libres e xeralmente habitan no solo e en substancias en descomposición. Moitos son saprófagos, pero hai algúns parasitos, e adoitan ser causantes de enfermidades, sobre todo en vexetais.