"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • Reacción característica das pentosas e dos ácidos urónicos que ocorre ao quentalos en condicións axeitadas con ácido clorhídrico para producir a súa rápida conversión en furfural; este dá lugar, con orcinol e cloruro férrico, a coloracións avermelladas ou rosadas que poden ser extraídas con n -butanol. En análises clínicas, foi substituída por métodos enzimáticos automatizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (5.348 km2; 309.000 h [estim 1998]). A capital é Biala Podlaska (57.000 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua hebrea. No 1924 estableceuse en Israel, onde participou na vida cultural do país e na súa memoria concédese anualmente, en Tel Aviv, un premio literario. Está considerado o poeta máis destacado do rexurdimento hebreo. Escribiu, entre outras moitas, A miña canción e Na soleira da casa de estudio. Realizou tamén a tradución do Quixote ao hebreo e dalgunhas obras de Schiller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do voivodato de Bialystok, Polonia, á beira do río Biala, na rexión histórica de Podlaquia (277.800 h [1996]). Fundada no 1310, no ano 1795 a cidade, antiga capital de Podlaquia, foi atribuída a Prusia e, pola Paz de Tilsit, a Rusia. Entregada a Polonia no 1918, pasou ao dominio soviético no 1939 e non retornou a Polonia ata o final da Segunda Guerra Mundial, na que sufriu unha importante destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (10.055 km2; 701.700 h [estim 1998]). A capital é Balystok. Ten carácter agroindustrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica electroanalítica de detección do punto final dunha volumetría, relacionada coa amperometría e baseada no uso de dous microelectrodos inertes polarizados, entre os que se aplica unha pequena diferenza de potencial (potencial de polarización). A biamperometría emprégase como base de moitos valoradores automáticos e, en particular, dos instrumentos usados para a valoración da auga polo método de Karl Fisher. A IUPAC recomendou a substitución do termo biamperometría por amperometría con dous electrodos indicadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á biamperometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chinés da corte imperial de Chang’an, cara ao ano 800. Está considerado como un dos primeiros especialistas da pintura de flores e de paxaros, principalmente peonías e pavas reais. Non se conservan obras auténticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da actual Kaifeng, capital do imperio chinés Song (ss X ao XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador da arte italiano. Foi profesor de Historia da Arte Antiga en diversas universidades italianas ata 1965. Como director xeral de antigüidades (1945-1948) levou a cabo a reorganización dos museos italianos e a restauración dos monumentos afectados pola guerra. Dirixiu a Escola Nacional de Arqueoloxía e a publicación colectiva Enciclopedia dell’arte antica, classica e orientale (Enciclopedia da arte antiga, clásica e oriental, 1958-1967). Entre os seus traballos sobresaen: Storicità dell’arte classica (Historicidade da arte clásica, 1943), La fine dell’arte antica (A fin da arte antiga, 1970) e Dall’elenismo al medioevo (Do helenismo ao medievo, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Traballou en teoría dos números e xeometría de superficies. As súas obras básicas son Lezioni di geometria differenziale (Leccións de xeometría diferencial) e Lezione sulla teoria dei numeri algebrici (Leccións sobre a teoría dos números alxebraicos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito italiano. Estableceu un observatorio astronómico en Albano. En 1705, sendo Papa Clemente XI, foi o secretario do comité para a reforma do calendario. Entre os seus escritos destaca a Istoria universale provata con monumenti e figurata con simboli degli antichi (Historia universal fundamentada con monumentos e representada con símbolos dos antigos, 1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino nacionalizado en Francia. É autor de obras de temática fantástica; entre elas destacan Los desiertos dorados (1967), Ritual (1973), Detrás del rostro que nos mira (1977), El amor no es amado (1983), etc. Obtivo o Premio Fémina (1985) coa súa primeira novela Sans la miséricorde de Christ (Sen a misericordia de Cristo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cinematográfica italiana fundada en 1937 por Luigi Chiarini e editada polo Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Destacou polo seu carácter cultural e didáctico e pola súa influencia a nivel mundial entre os críticos e teóricos do cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dous ángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Costa de Marfil (4.950 km2; 98.236 h [1998]). A capital é Biankouma (4.533 [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico, fillo do Tíber e da ninfa Manto, fundador de Mantua, á que lle deu o nome da súa nai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acontece ou se fai dúas veces ao ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero literario do final da dinastía chinesa Tang (618-907) e do período das Cinco Dinastías (907-960), que constitúe a primeira aparición da lingua vulgar nos textos escritos. Trátase de textos budistas parafraseados, parte en prosa e parte en verso, e de textos profanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, arquitecto e pintor francés. Representante da tendencia clasicista do segundo manierismo. É autor de A fama (1597), escultura en bronce do mausoleo dos duques de Épernon, na igrexa de San Blas de Cadillac (Gironda), e do trascoro de Saint-Étienne-du-Mont (París, 1600-1605).

    VER O DETALLE DO TERMO