"Bora" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 89.

  • Calquera sal ou éster de ácido metabórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos que resultan da combinación de hidrocarburos con boro. Coñécense, por exemplo, os trialquiboranos, como o trimetilborano B(CH3)3 e o trietilborano B(C2H5)3.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe o anión [B 2 (O 2 ) 2 (OH) 4 ] 2- , que se obtén por tratamento de boratos con peróxidos de hidróxeno.

    2. Sólido moderadamente soluble en auga que se descompón liberando peróxido de hidróxeno e que se obtén por reacción do ácido bórico con peróxido sódico. Emprégase como axente branqueante, como xermicida, como desodorizante e en odontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Manifestou as súas preocupacións relixiosas e morais en Frammenti lirici (1913) e en Canti anonimi (1922) reflectiu unha crise espiritual. Foi ordenado sacerdote (1936) e desde entón os seus libros de poesía, como Via Crucis (1955), constituíron un profundo coloquio con Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reelaborar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (76.151 km2; 846.000 h [2002]). A súa capital é Tabora (93.362 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Serpe velenosa, da familia dos vipéridos, de corpo curto e pesado, cola curta, cabeza ben definida, frecuentemente triangular e cun característico deseño en zigzag. As escamas dorsais son fortemente carenadas e as placas superiores da cabeza moi fragmentadas. Os ollos son bastante pequenos e coa pupila vertical. Algunhas especies teñen un corno nasal brando e escamoso na punta do fociño. Normalmente son activas de día e aliméntanse de micromamíferos, réptiles e anfibios. Están distribuídas por toda Europa, Asia e África, e están estreitamente emparentadas cos crótalos asiáticos e americanos, dos que difiren por non posuír fosas termosensibles. Teñen un aparato velenoso característico con dúas glándulas de veleno que conectan directamente coa base dos dentes,  longos e ocos, que se cravan na presa cando a serpe ataca, e o veleno é espelido pola punta do dente, de forma que se transmite moi eficaz e profundamente nos tecidos da vítima. Os dentes inxectores de veleno son móbiles,...

      2. víbora cornuda [cast: víbora cornuda; ingl: cerastes] [Cerastes cerastes, fam dos vipéridos]

        Serpe de ata 60 cm de lonxitude que presenta unha cabeza moi ampla e un pequeno corno sobre os ollos. A súa cor é parda ou agrisada, coa zona ventral branca. É unha serpe velenosa que habita en rexións áridas do N de África e Oriente Medio.

      3. víbora fociñuda [port: víbora fociñuda; cast: víbora hocicuda; ingl: Lataste’s viper] [Vipera latastei, Fam dos vipéridos]

        Serpe pequena con deseño dorsal en zigzag marrón sobre fondo cor area. Presenta o fociño revirado coma un pequeno corno que apunta cara a arriba. Aparece en terreos secos e con pedras, con mato baixo e aberto, uces, etc, nas solainas. Esténdese pola maior parte da Península (excepto nunha faixa litoral cantábrica) e polo Magreb, pero é moi rara en Galicia, onde só está presente no cadrante suroriental (serra do Xurés, Parque Natural do Invernadeiro). Parece restrinxida ás zonas máis secas, chegando ata os 1.300 m nas serras ourensás. O veleno desta especie é máis potente ca o da víbora de Seoane.

      4. víbora de Seoane [port: víbora-de-Seoane; cast: víbora de Seoane; ingl: Seoane’s viper] [Vipera seoanei, Fam dos vipéridos]

        Serpe de tamaño inferior aos 60 cm, cun deseño dorsal bilineal con dúas bandas claras paralelas que abeiran unha banda central marrón con manchiñas escuras pola beira. As manchas negras da cabeza teñen forma de uve invertido. Ocupa unha gran variedade de ambientes, pero ten certa preferencia polos terreos pedregosos. Consome micromamíferos, réptiles (lacértidos, ánguidos) e anfibios, estes últimos sobre todo crías. É unha especie vivípara, que pare de 3 a 10 crías por setembro. Trátase dun endemismo ibérico que se estende pola faixa húmida (norte cántabro-atlántica) da Península. Existen dúas subespecies, presentes ambas en Galicia: V. seoanei seoanei que ocupa a maior parte da xeografía galega e parte do N de Portugal e V. seoanei cantábrica, cun deseño dorsal diferente, cun zigzag escuro pouco definido polo medio do dorso sobre fondo cincento nos machos e marrón nas femias, que aparece nos Ancares, no Courel e en Pena Trevinca en Galicia e pola cornixa cantábrica ata o norte de Burgos....

      1. Persoa ruín e con malas intencións.

      2. Persoa que gusta falar mal dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO