"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
PERSOEIRO
Institución formada por un grupo de cineastas dos EE UU que, dende o ano 1927, concede anualmente os premios Oscar aos mellores filmes, directores, actores, guionistas e demais profesionais do cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión oriental do Canadá que se corresponde aproximadamente coas actuais provincias de Nova Brunsvic, Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo e Terranova. Franceses e ingleses disputaron o seu control, ata que foi cedida a Inglaterra polo Tratado de Utrech (1713).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelanizada de Acad .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda serie e época do Cámbrico que se substituíu polo de Cámbrico medio. A área tipo está en Acadia (Canadá).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Acadiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acadiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fixar os estadullos ou fungueiros do carro coas cádigas para que non abran coa carga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de montar o tecido no tear.
-
-
Relativo ou pertencente a Acad ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do país ou da rexión de Acad.
-
Antiga lingua semítica falada en Mesopotamia que se estendeu aos lugares onde asirios e babilónicos exerceron o seu dominio e influencia. Única representante da rama nororiental, é a máis antiga das linguas semíticas e a de maior difusión (foi lingua franca do Próximo Oriente na Antigüedade). Usouse, aproximadamente, dende o 2500 ata o s IV a C, cando foi substituída polo arameo, aínda que perviviu como lingua culta e relixiosa ata o inicio da era cristiá. A partir do 1950 a C dividiuse en dous grandes dialectos: o babilónico e o asirio. Dende os primeiros documentos escritos, datados ao redor do 2400, empregou caracteres cuneiformes.
-
Unha das artes mesopotámicas da Antigüedade.
-
ariedade de escritura cuneiforme, derivada da sumeria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cadullar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cadullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación latina de Akkad, transliteración anglosaxona para designar Acad .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia formada en Venecia ao redor do editor Aldo Manuzio a finais do s XV, orientouse cara á arqueoloxía e á filosofía, dedicándose especialmente á revisión e edición de textos clásicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a Arcadia, academia romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Accademia Nazionale dei Lincei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pontificia Accademia dei Virtuosi al Pantheon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia científica fundada en Florencia por Leopoldo de Médici (1657) seguindo o exemplo da Accademia dei Lincei e as ensinanzas de Galileo Galilei recollidas polos seus discípulos. Tiña como obxectivo o estudo dos métodos experimentais e da física moderna. Desenvolveu e realizou importantes experimentos sobre a presión do aire, os efectos do vougo, a conxelación de líquidos, as propiedades da calor, a propagación do son e da luz, cuestións de astronomía e ciencias naturais, etc. Mantivo relacións estreitas con outras academias científicas europeas, principalmente coa Académie des Sciences de París e coa Royal Society de Londres. Publicou uns Saggi (Ensaios, 1666), que permitiron establecer a importante contribución que fixo o movemento científico da época. Cesou a súa actividade en 1667.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Florencia no ano 1563 por iniciativa de Vasari xunto cun grupo de artistas, baixo a protección de Cósimo I de Médici. Está considerada como a primeira academia de arte regularmente constituída e legalmente recoñecida. Tiña atribucións que excedían a mera ensinanza, como a da tutela do patrimonio artístico. A partir do 1706 organizou exposicións de pintura. Foron membros destacables Nicolini, Paul Delaroche, Ingres e Viollet-le-Duc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Florencia (1582) coa finalidade de purificar a lingua italiana. No 1612 publicou un Vocabolario que, con varias reedicións e ampliacións, acadou sona internacional. Fusionada coa Accademia degli Apatisti no 1783, emancipouse dela no 1811, perdurando ata 1923.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pontificia Accademia delle Scienze.