acadio -dia

acadio -dia

(< Acad)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Acad ou aos seus habitantes.

  2. s e adx

    Natural ou habitante do país ou da rexión de Acad.

  3. s m [LING]

    Antiga lingua semítica falada en Mesopotamia que se estendeu aos lugares onde asirios e babilónicos exerceron o seu dominio e influencia. Única representante da rama nororiental, é a máis antiga das linguas semíticas e a de maior difusión (foi lingua franca do Próximo Oriente na Antigüedade). Usouse, aproximadamente, dende o 2500 ata o s IV a C, cando foi substituída polo arameo, aínda que perviviu como lingua culta e relixiosa ata o inicio da era cristiá. A partir do 1950 a C dividiuse en dous grandes dialectos: o babilónico e o asirio. Dende os primeiros documentos escritos, datados ao redor do 2400, empregou caracteres cuneiformes.

  4. arte acadia [ARTE]

    Unha das artes mesopotámicas da Antigüedade.

  5. escritura acadia [ESCR]

    ariedade de escritura cuneiforme, derivada da sumeria.

Palabras veciñas

acadiense | acadigueirar | acadillar | acadio -dia | acadullar | acadullo | acaecemento