"CAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

    1. Embarcación lixeira de remos usada nas costas do Bósforo.

    2. Embarcación de pesca de cabotaxe, de casco moi robusto e pouco calado, que arbora un pau ou dous ademais do bauprés. É propia da zona do Mar Mediterráneo oriental.

    3. En Portugal, embarcación de pesca, de aproximadamente 12 m de lonxitude, usada na costa do Algarve.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moverse unha cousa cunha traxectoria de arriba a abaixo a causa do seu propio peso.

      2. Ir bater unha persoa ou cousa no chan ou noutra superficie que o deteña a causa dunha perda de equilibrio. OBS: A construción sintáctica formada polo verbo caer mais a preposición de mais un substantivo referido a unha parte do corpo (fociños, costas, cu, etc) significa ‘bater esa parte que se nomea contra unha superficie firme’.

      3. Separarse algunha cousa daquilo ao que estaba adherida ou suxeita.

      4. Ceder á acción da gravidade un obxecto suspendido sen desprenderse nin chegar ao chan.

      1. Coincidir un acontecemento cun período de tempo.

      2. Coincidir un día do mes cun día da semana. OBS: Con este significado sempre vai seguido da preposición en.

    1. Ter algunha cousa un resultado ou unha consecuencia dunha forma determinada. OBS: Emprégase frecuentemente cos adverbios ben e mal.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corda feita co cairo utilizada en varias artes de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben certos dípteros de femias hematófagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fita colgante que se utiliza como adorno das prendas de vestir.

      2. Fita de coiro cosida ao redor da abertura dun zapato.

    1. Listón de madeira situado no exterior da borda dunha embarcación pesqueira e que forma a parte máis alta do costado.

    2. Festón colgante, ás veces calado, usado como motivo ornamental en arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás aves que teñen poucas plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Túmulo funerario megalítico irlandés de forma preferentemente circular que pode ter distintas dimensións. Os mellores exemplos apareceron no val de Boyne. Tres son os monumentos que destacan pola súa grandiosidade. O máis espectacular é o cairn de Newgrange, un túmulo de 90 m de diámetro e case 13 m de altura construído cara ao 2500 a C. Está rodeado por un círculo de menhires e cuberto por grandes lousas colocadas horizontalmente. O segundo cairn en importancia é o túmulo de Dowth, que consta de tres dolmens orientados cara ao oeste. O principal dolmen de galería é de planta cruciforme con dúas cámaras laterais. O teito está formado por grandes lousas. A súa datación é similar á do anterior. Por último, o cairn de Knowth está formado por varios dolmens de corredor con grandes lousas decoradas. Precisamente é a decoración destes monumentos o que máis chama a atención, xa que presentan deseños con forma espiral, moi semellantes aos dos petroglifos galegos, formando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Seguidor das doutrinas económicas de David Ricardo, está considerado como o derradeiro economista clásico. Atacou a formulación marxinalista de W. Stanley Jevons e enfrontouse ao pensamento de John Stuart Mill e Nassau William Senior. Foi autor, entre outras obras, de The Character and Logical Method of Political Economy (O carácter e método lóxico da economía política, 1857) e Some Leading Principles of Political Economy (Algúns principios rectores de economía política, 1874), onde pretendeu reformar a teoría do fondo de salario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos dentes, catro en total, situados entre o último incisivo e o primeiro molar que na maior parte dos mamíferos rematan en punta.

    2. Dente que sobresae do resto por ser de maior tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de chuvia con vento de pouca duración que se repite con frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filamento forte, obtido da cortiza do coco, co que se fai a caira, cordas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á galiña ou ao polo que ten poucas plumas ou pouca cola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e retratista. Na súa obra segue modelos clásicos gregos e renacentistas, especialmente a Donatello e Michelangelo Buonarroti. Entre as súas obras destacan Alegoría e o monumento a Pep Ventura (1971-1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cidade e capital de Exipto. Forma unha muafā ẓ a propia (214 km2; 6.789.479 h [1996]). É a cidade máis grande de África. Está situada ao S do delta do Nilo, ao pé dos montes Al-Muqa ṭṭ an. Divídese en tres partes, O Cairo propiamente dito, formado polos barrios máis europeos, o Vello Cairo, coa illa de Roda e o arrabal de Būlāq. Destacan os portos fluviais utilizados para o comercio de Raw ḋ -al-Fara ǧ , Būlāq e A ṭṭ ār al-Nabī. É o núcleo industrial máis importante do país (siderurxia, téxtil, manufacturas, tabaco, cacao, químicas e industrias alimentarias). Desenvolveuse sobre as antigas canles e estendeusese cara ao N e O. O Cairo é un centro de comunicacións ferroviarias entre o Delta e o Alto Exipto. A cidade fundouna en 969 o xeneral fatimita Al- Ǧ awhar. Coa chegada do califa Al-Mu´izz estableceuse aquí a capital e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Cairo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zoca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo rupestre característico da arte da India. Segue a estrutura da stupa e consta de tres naves, as laterais coa función de deambulatorio, e unha ábsida que funciona como cabeceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da orde das caitoniais.

    2. Orde de pteridospermas constituída por plantas que viviron durante o Mesozoico, de follas palmicompostas e folíolos lanceolados. Os microsporófilos pinnados dan poliñas que comprenden entre 3 e 6 sacos polínicos. Os macrosporófilos, de orixe foliar, teñen forma de palma e dan lateralmente unhas cápsulas con ata 30 primordios seminais.

    VER O DETALLE DO TERMO