caíque

caíque

(< turco qā’iq ‘barca’)

  1. s m [MAR]

    Embarcación lixeira de remos usada nas costas do Bósforo.

  2. s m [PESCA]

    Embarcación de pesca de cabotaxe, de casco moi robusto e pouco calado, que arbora un pau ou dous ademais do bauprés. É propia da zona do Mar Mediterráneo oriental.

  3. s m [PESCA]

    En Portugal, embarcación de pesca, de aproximadamente 12 m de lonxitude, usada na costa do Algarve.

Palabras veciñas

Caión | caiota | caipirinha* | caíque | 1 caira | 2 caira | cairel