"CAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 163.
-
-
-
Aquilo que ten como consecuencia un determinado suceso ou unha determinada cousa.
-
Motivo que leva a unha persoa a realizar algunha cousa.
-
Aquilo que explica a aparición dunha cousa.
-
Todo aquilo que, dalgunha maneira, explica a existencia ou o cambio dunha cousa que se denominaría efecto. O influxo da causa no efecto chámase causalidade. Normalmente, distínguese entre a causa (que produce o efecto) e a ocasión ou a condición (que facilitan ou provocan a produción do efecto pola causa). Aristóteles e os escolásticos diferenciaron catro causas que agruparon á súa vez en dous tipos: dúas intrínsecas e dúas extrínsecas. Entre as primeiras están a causa formal, que se refire á forma ou ao modelo, e a causa material, referida á materia de que está feita unha cousa. Entre as segundas, a eficiente, que é principio do cambio, e a causa final ou finalidade, referida a aquilo para o que se produce ou se dá algo. Unha quinta causa é a exemplar. Os medievais distinguiron tamén entre a causa primeira (Deus) e as causas segundas (criaturas), entre as causas principais...
-
teoría das causas actuais
Teoría formulada por Lamarck, Constant Prévost e Lyell, que basea a explicación dos fenómenos xeolóxicos antigos nas mesmas causas que producen os actuais, “o presente é a clave do pasado”. O actualismo afirma que os fenómenos bruscos se producen accidentalmente e que as modificacións son lentas.
-
-
Empresa á que se dedican esforzos desinteresados ou altruístas.
-
Proceso xudicial, especialmente de tipo penal.
-
Tramitación dunha acusación contra alguén que determina a culpabilidade e a sanción por parte dun tribunal.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación quincenal impresa en Pontevedra o 1 de marzo de 1913 co subtítulo de “Órgano da Federación Agrícola de Pontevedra”. Dirixida por Francisco Soliño, saíu o último número o 23 de xuño do mesmo ano. Publicaba temas relacionados coa eliminación do sistema foral e a loita contra o caciquismo, tamén había diversas colaboracións poéticas en galego (a maioría anónimas) como o poema “Cantares”, de José Rey González.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á causa ou á causalidade.
-
-
conxunción causal
Conxunción que introduce a cláusula que indica o motivo ou a causa dun determinado efecto e, polo tanto, expresa relacións de causa entre dúas ou máis cláusulas. En galego son conxuncións causais porque, pois, como e que, pero tamén se distinguen locucións causais (ou conxuncións causais complexas) que desempeñan a mesma función; entre elas, como queira que, dado que, pois que, por causa de que, por cousa de que, por culpa de que, por mor de que, posto que, visto que e xa que.
-
Que expresa unha circunstancia de causa.
-
cláusula causal
Cláusula introducida por unha conxunción causal que expresa unha circunstancia de causa respecto á outra clásula. Por exemplo, en Traballaron moitas horas xa que querían rematar o proxecto antes do mes seguinte, a cláusula iniciada polo nexo xa que introduce a causa do efecto expresado por Traballaron moitas horas.
-
conxunción causal
-
-
-
Relación que hai entre unha causa e o seu efecto.
-
Influxo da causa no efecto e na relación que resulta. Normalmente fai referencia á causa eficiente en contraposición á finalidade. A regularidade da relación causa-efecto ten a súa formulación no principio de causalidade (todo fenómeno ten unha causa) e na lei de causalidade (nas mesmas circunstancias, as mesmas causas producen os mesmos efectos).
-
Relación de causa-efecto que hai entre o acto humano (de acción ou de omisión) e o resultado dun feito delitivo no que existe unha responsabilidade.
-
Principio segundo o que o coñecemento das condicións iniciais dun sistema físico nun momento t 0 e da dinámica que o controla (forzas e ecuación do movemento) determinan completamente os valores das variables dinámicas en todo tempo t posterior a t 0 . No marco da dinámica clásica, este determinismo maniféstase polo feito de que a ecuación diferencial do movemento ten unha única solución, unha vez especificadas as condicións iniciais. A aparición da relatividade e da mecánica cuántica modificaron esta concepción; así, a causalidade estrita (coñecemento completo do estado final unha vez coñecido o estado inicial) substitúese por unha causalidade probabilista (coñecemento probabilista do estado final).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación cutánea molesta semellante a unha calor intensa e con comechón.
-
-
Que ou quen causa.
-
Persoa física que, por mor da súa morte, provoca a sucesión legal ou testamentaria dos seus bens.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser causa de algo.
-
-
Que obra como causa ou axente.
-
Aplícase aos verbos ou ás formas verbais que indican que o seu suxeito non realiza a acción por si mesmo senón que lla obriga a realizar a alguén ou algo. En galego, como noutras linguas romances, o causativo pode expresarse mediante o uso transitivo dun verbo intransitivo (
-
-
-
Caixa na que se gardan as hostias que aínda non foron consagradas.
-
Caixa de reducidas dimensións na que se gardan xoias.
-
-
-
Relativo ou pertencente á xestión e á defensa de causas e preitos.
-
Procurador que representa os litigantes perante os tribunais.
-
Avogado en causas legais.
-
-
-
Superficie envolvente da aberración de esfericidade, producida pola reflexión ou a refracción dun feixe de raios paralelos nunha superficie esférica.
-
Sección plana dunha superficie cáustica.
-
-
-
Calidade de cáustico.
-
Maldade no que se di ou no que se escribe.
-
-
-
Aplícase á substancia capaz de exercer unha acción química corrosiva sobre os tecidos orgánicos.
-
Aplícase á linguaxe, ao estilo ou ao humor que presenta sarcasmo ou unha certa maldade na ironía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación dunha solución acuosa de carbonato alcalino nunha do hidróxido correspondente pola acción do cal vivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efectuar unha caustificación.
-
-
Cuberto a carón da casa no que gardan o carro e os apeiros de labranza.
-
Cova debaixo da terra na que viven animais como o raposo, a lontra ou outros mamíferos.
-
calostra.
-
-
-
-
Actitude prudente ante un perigo probable.
-
Precaución tomada para pasar desapercibido ou coidado que se pon ao levar a cabo algunha cousa.
-
-
Documento que antigamente acreditaba a recepción dunha cousa.
-
Condición que impón un testador nun legado a un lexitimario. Deste xeito, este último, se reclama contra o testamento, ten que conformarse só coa lexítima estrita e perder o exceso da liberalidade outorgada. A idea deste procedemento atribuíuselle ao xurista do s XVI Mariano Socino o Novo, do que tomou o seu nome.
-
-
-
Que é preventivo.
-
Aplícase ás medidas que se dispoñen para lograr un fin ou evitar calquera perigo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que procede con cautela.
-
-
Axente empregado para destruír tecidos orgánicos como pode ser o frío, a calor, os cáusticos, etc.
-
Instrumento cirúrxico destinado á práctica da cauterización pola calor. Emprégase para destruír tecidos patolóxicos ou para parar as hemorraxias dos pequenos vasos sanguíneos no curso dunha intervención cirúrxica.
-
cauterización.
-