caustra

caustra
  1. s f

    Cuberto a carón da casa no que gardan o carro e os apeiros de labranza.

    Ex: Vou buscar outro sacho á caustra.

    Sinónimos: alboio, alpendre, cabana, cabanel, cabanón, chabola, chapitel, pendello.
  2. s f

    Cova debaixo da terra na que viven animais como o raposo, a lontra ou outros mamíferos.

    Ex: Durante o paseo polo monte vimos unha chea de caustras.

    Sinónimos: tobeira, tobo.
  3. s f [ETN]

    calostra.

Palabras veciñas

cáustico -ca | caustificación | caustificar | caustra | cautela | cautelar | cauteloso -sa