chabola

chabola

(<éusc txabola)

  1. s f

    Construción situada normalmente nas periferias e zonas máis humildes dos centros urbanos, elaborada con materiais ruíns ou de refugallo. Dedicada a uso residencial, pode catalogarse como infravivenda debido ás súas deficiencias estruturais e a que carece das instalacións e subministracións fundamentais (electricidade, traída de auga, saneamento, etc).

  2. s f

    Construción sinxela destinada a conter distintos elementos, como artes de pesca, ferramentas, aparellos de labranza ou empregada como refuxio para os pastores.

    Ex: Garda as ferramentas na chabola antes de que chova.

    Sinónimos: alboio, alpendre, cabana, cabanel, caseta, caseto, chapitel, choza, pallote, pendello.
  3. s f

    Casa pequena e humilde.

    Ex: Teñen moitos cartos aforrados pero aínda viven nesa chabola.

    Sinónimos: cabana, caseta, caseto, casopa, casopo, chafariz, choupana, choza.
  4. s f [MAR]

    Compartimento situado na proa do barco.

Palabras veciñas

Chabas, Paul | chabasita | chablis | chabola | chabolismo | chabolista | Chabot, Georges