choza
choza
(< lat plŭteŭ‘armazón de madeira’)
-
s
f
Construción simple, de dimensións reducidas e que adopta formas diversas, cun só cercado e edificada a base de materiais lixeiros entrelazados, tales como pólas ou troncos, recubertos de palla, cortizas, peles, ou tamén terra e lama. É unha das construcións máis antigas e primitivas, empregada polos pastores para refuxiarse das inclemencias meteorolóxicas.
Ex: No medio do monte hai unha choza na que se refuxian os pastores no inverno.
Sinónimos: barraca, bodego, cabana, cabanel, cacharufo, casopa, chabola, choupana. -
s
f
Construción próxima á casa na que se gardan as ferramentas e os aparellos do campo.
Ex: Mete o arado na choza antes de que empece a chover.
Sinónimos: alboio, alpendre, cabana, cabanel, cabanón, chabola, chapitel, combarizo, pendello. -
s
f
ivenda humilde.
Ex: Benvidos á miña humilde choza!
Sinónimos: cabana, casopa, chabola, choupana. Confrontacións: cabanel.