chover
(< lat v *plovĕre
-
v i
Caer auga das nubes en forma de pingas. Na tradición popular recóllense os seguintes refráns: “Cando con vento soán chove, todas as pedras move. Cando chove e fai sol, vai o demo pro Ferrol, cargadiño de alfinetes pra meterse coas mulleres. Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro. Cando chove por agosto, chove mel e mosto. Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro. Cando chove, todos nos mollamos. Cando do leste chove, ata as pedras remove. Cando non chove en febreiro, non ten o ano bo tempero. Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro. Cando por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove. Chova por abril e maio, e non chova en todo o ano. Chove, chove, na casa do probe. Nunca chove a gusto de todos. Nunca choveu que non escampase. O que está a cuberto cando chove, ben parvo é se se move; e se se move e se molla, máis parvo é se se anoxa. Se chove deixa chover, se orballa deixa orballar, que en tendo ti un abriguiño, ben te podes abrigar. Tódolos anos choveu o mesmo, canado máis, canado menos”. Ex: Este ano choveu durante catro meses sen parar.
Ex: Este ano choveu durante catro meses sen parar.
-
v i
Caer sobre alguén, xurdirlle ou aparecerlle unha serie de cousas ou circunstancias. Ex: Chovéronlle todo tipo de insultos despois da súa actuación.
Ex: Chovéronlle todo tipo de insultos despois da súa actuación.
Frases feitas
-
Chover a ballón/a cachón/a caldeiradas/a cántaros/a cimbraceos/a chover/a ceo aberto/a chuzos/a Deus dar/a Deus dar auga/a fío/a máis non poder/a manta/a mares/a regos/a retortoiro/a todo meter/chover a trebón/a varrer/a xerros/ ás cántaras/ás cuncas/como quen a envorca cun xerro/como se a envorcaran/como se romperan as nubes/de ballón/o mar chovido. Chover con moita intensidade.
-
Chova que neve! Pase o que pase.
-
Chover miúdo/catro pingueiras. Chover pouco e con pingas pequenas.
-
Chover sobre mollado. Acontecer unha desgraza detrás doutra.
-
Choverlle a alguén. Non ter moito siso.
-
Coma quen ve chover. Sen inmutarse por nada.
-
Nunca choveu que non escampase. Todos os males teñen fin.
-
Por min que chova! Expresión de indiferencia.
-
Xa choveu. Expresa afastamento no tempo.
-
Xa pode chover! Expresa a decisión de facer algo malia todo.
Palabras veciñas
Chouzán, mestre de | Chouzán, Santo Estevo de | chouzaría | chover | chow-chow | Chowning, John | chozaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chove
-
-
-
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chovía
-
-
-
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
choveu
-
-
-
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chovera
-
-
-
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
choverá
-
-
-
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chovería
-
-
-
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chova
-
-
-
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chovese
-
-
-
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chover
-
-
-
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
%
-
-
%
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
-
chover
-
-
-
chovida
chovidos
chovidas