chow-chow
chow-chow
adx e s
[ZOOL]
Aplícase á raza de can de talle media, de pelame denso e longo de cor vermella escura ou negra, cola revirada cara a adiante e lingua de cor azulada. É orixinaria dos países asiáticos orientais onde constitue un animal de traballo e tamén entra a formar parte da alimentación humana. Nos países de cultura occidental críase como animal de compañía.