chover

chover

(< lat v *plovĕre

  1. v i

    Caer auga das nubes en forma de pingas. Na tradición popular recóllense os seguintes refráns: “Cando con vento soán chove, todas as pedras move. Cando chove e fai sol, vai o demo pro Ferrol, cargadiño de alfinetes pra meterse coas mulleres. Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro. Cando chove por agosto, chove mel e mosto. Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro. Cando chove, todos nos mollamos. Cando do leste chove, ata as pedras remove. Cando non chove en febreiro, non ten o ano bo tempero. Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro. Cando por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove. Chova por abril e maio, e non chova en todo o ano. Chove, chove, na casa do probe. Nunca chove a gusto de todos. Nunca choveu que non escampase. O que está a cuberto cando chove, ben parvo é se se move; e se se move e se molla, máis parvo é se se anoxa. Se chove deixa chover, se orballa deixa orballar, que en tendo ti un abriguiño, ben te podes abrigar. Tódolos anos choveu o mesmo, canado máis, canado menos”. Ex: Este ano choveu durante catro meses sen parar.

    Ex: Este ano choveu durante catro meses sen parar.

  2. v i

    Caer sobre alguén, xurdirlle ou aparecerlle unha serie de cousas ou circunstancias. Ex: Chovéronlle todo tipo de insultos despois da súa actuación.

    Ex: Chovéronlle todo tipo de insultos despois da súa actuación.

Frases feitas

  • Chover a ballón/a cachón/a caldeiradas/a cántaros/a cimbraceos/a chover/a ceo aberto/a chuzos/a Deus dar/a Deus dar auga/a fío/a máis non poder/a manta/a mares/a regos/a retortoiro/a todo meter/chover a trebón/a varrer/a xerros/ ás cántaras/ás cuncas/como quen a envorca cun xerro/como se a envorcaran/como se romperan as nubes/de ballón/o mar chovido. Chover con moita intensidade.

  • Chova que neve! Pase o que pase.

  • Chover miúdo/catro pingueiras. Chover pouco e con pingas pequenas.

  • Chover sobre mollado. Acontecer unha desgraza detrás doutra.

  • Choverlle a alguén. Non ter moito siso.

  • Coma quen ve chover. Sen inmutarse por nada.

  • Nunca choveu que non escampase. Todos os males teñen fin.

  • Por min que chova! Expresión de indiferencia.

  • Xa choveu. Expresa afastamento no tempo.

  • Xa pode chover! Expresa a decisión de facer algo malia todo.

Conxugar
VERBO chover
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chove

-

-

-
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chovía

-

-

-
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
choveu

-

-

-
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chovera

-

-

-
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
choverá

-

-

-
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chovería

-

-

-

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chova

-

-

-
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chovese

-

-

-
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chover

-

-

-

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
%

-
-
%

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
chover

-

-

-
Xerundio chovendo
Participio chovido
chovida
chovidos
chovidas